Amosando publicacións coa etiqueta xogos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta xogos. Amosar todas as publicacións

xoves, 4 de marzo de 2021

Pasapalabra : De muller a muller

Son moitos os proxectos que dende a Biblioteca teñen como eixe a igualdade. Hoxe, para conmemorar este Día da Muller, traémosvos este Pasapalabra como un xeito de homenaxear a todas aquelas mulleres que, dende moitos ámbitos, construiron as bases da igualdade entre homes e mulleres. A todas elas, as que podemos recordar e as que o tempo sepultou ou ignorou, ás presentes, ás que veñan... Realmente, cantas destas serías capaz de recoñecer? Anímate, participa e mándanos as túas respostas ao correo da biblio.

 

martes, 12 de maio de 2020

Reto: "Olladas letradas e enmascaradas"

    
 Un ano máis estamos a piques de celebrar o Día das Letras Galegas. Pero nesta ocasión non poderá haber actos nos centros de ensino pola situación que estamos a vivir. Isto non nos impide facelo de maneira virtual.

    Porén achegámosvos un novo reto: tendes que descubrir que escritores/-as se agochan tras as máscaras, agora que debemos de usalas todos/-as.

   O reto e moi sinxelo: en cada imaxe verás un número e unha pista. Tes  que averiguar  o nome do escritor/-a, o ano no que se lle adicou o Día das Letras e, tamén, tes que explicar a relación da pista co/ca homenaxeado/-a.

    Os tres primeiros  que acerten todas as respostas acadarán un premio. E, coma sempre, mandade o resultado das vosas pescudas ao correo da biblio.



venres, 14 de febreiro de 2020

Na procura das MUSAS

     Na mitoloxía grega, as nove musas vivían no Olimpo e cando querían baixaban a tocar coa súa divina graza ao artista. Aquí tes 20 persoas que coa súa soa presenza axudaron, deron luz para que se producise a creación, imos , algo parecido aos que fan as influentes actuais. Descobre quen se esconde detrás de cada musa...




E aquí tendes as nosas gañadoras: Fany, Bea e Patricia. Grazas a todos/-as por participar!

domingo, 10 de decembro de 2017

Día internacional dos Dereitos Humanos

O Día dos Dereitos Humanos celébrase cada 10 de decembro, coincidindo coa data en que a Asemblea Xeral adoptou a Declaración Universal de Dereitos Humanos, en 1948.
Decía Eleanor Roosevelt: «En definitiva, onde empezan os dereitos humanos universais? En pequenos lugares, preto de casa; en lugares tan próximos e tan pequenos que non aparecen en ningún mapa. [...] Se eses dereitos non significan nada nestes lugares, tampouco significan nada en ningunha outra parte. Sen unha acción cidadá coordinada para defendelos na nosa contorna, a nosa vontade de progreso no resto do mundo será en balde».

Tomade boa nota! Propómosvos un xogo: saberiades descubrir entre todas estas imaxes que representan a persoas reais quen dedicaron e dedican a súa vida loitando polos dereitos de todas as persoas? Se vos animades, deixádenos a resposta nun comentario.
Esta actividade realizouna un grupo de alumnas/-as de 1º da ESO


mércores, 25 de outubro de 2017

Escape room: (A)salteadores de cadros I


Estanche a seguir. Oes como se aproximan as pisadas. Ves a mansión baleira. Rompes a xanela. Entras na biblioteca. Agóchaste. Os latexos do teu corazón vante delatar. Ves o cadro e, ironías da vida, o neno está a facer o mesmo ca ti. Cambiaríaste por el. 
Ei... que fago aquí, quen é esa nena, que fago nesta habitación con estas roupas e sen o meu móbilllllllll.”

Ti e o teu equipo deberedes traballar xuntos para atopar a porta que vos leve á saída

sábado, 17 de maio de 2014

Olladas letradas





Para conmemorar o Día das Letras galegas, creamos este  xogo no que, a partires destas  imaxes e destas pistas, terás que identificar a estes corenta escritores dos que só podes ver os seus ollos.




Nós xa comezamos




e ti, atréveste?

Podes deixar as túas respostas na caixa de comentarios. Sorte¡