Amosando publicacións coa etiqueta Mulleres b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Mulleres b>. Amosar todas as publicacións
venres, 8 de marzo de 2024
Nadas con estrela
A próxima vez que saias a gozar dunha noite despexada, pecha os ollos e dálles tempo a que se adapten á escuridade. Mira cara arriba e observa como aparecen miles de estrelas. Polo mero feito de contemplar o ceo e fixarche no brillo ou quizá na posición dunha estrela, unirasche a unha lista incriblemente larga de seres humanos que fixeron o mesmo a través de todos os tempos. Pero non todos se limitaron a mirar, algunhas trataron e tratan de buscar respostas, como esta breve selección de mulleres que representan o pasado, o presente e o futuro da astrofísica. Sirva isto de pequena homenaxe a todas elas.
martes, 7 de marzo de 2023
Iluminando o universo feminino
Este curso queremos "dar luz" a ese cielo escuro que enmarca a nosa muralla con una escolma dos proxectos que ao longo destes anos foron a noso foco: dar visibilidade ás mulleres que permanecían agochadas na "materia escura".
luns, 7 de marzo de 2022
As gardiás das palabras
Ao longo destes últimos anos tratamos de visibilizar a mulleres de diferentes ámbitos. Nesta ocasión queremos dedicar esta entrada ás académicas das lingua galega e española, porque se fixésemos unha enquisa pedindo que nomeen a algunha delas seguro que o resultado non ía á ser moi alentador. Como se pode ver foron e son poucas: 11 mulleres en cada Academia. As conclusións son obvias.
Sirva, pois, como homenaxe a estas "gardiás das palabras".
xoves, 4 de marzo de 2021
Pasapalabra : De muller a muller
Son moitos os proxectos que dende a Biblioteca teñen como eixe a igualdade. Hoxe, para conmemorar este Día da Muller, traémosvos este Pasapalabra como un xeito de homenaxear a todas aquelas mulleres que, dende moitos ámbitos, construiron as bases da igualdade entre homes e mulleres. A todas elas, as que podemos recordar e as que o tempo sepultou ou ignorou, ás presentes, ás que veñan...
Realmente, cantas destas serías capaz de recoñecer? Anímate, participa e mándanos as túas respostas ao correo da biblio.
luns, 29 de xuño de 2020
Eponimia feminina
Durante este curso, o alumnado de 1º da ESO, participou na primeira convocatoria do Club de Letras. O tema escollido para este curso foi a igualdade ( (contribución desde un punto de vista literario, artístico, filosófico ou histórico a cuestións relacionadas coa visibilización das
mulleres, do seu rol na sociedade e/ou representación das mulleres ao longo da historia). Pois ben, decisiuse que o alumando investigase sobre os nomes de muller (eponimia) que deixaron a súa pegada na Historia.
Podedes coñecelas premendo na imaxe.
Noraboa a todo o alumnado de 1º polo magnífico traballo!
xoves, 7 de marzo de 2019
Contra vento e marea: Mulleres en loita
A mellor protección que calquera
muller pode ter é a coraxe
(Elizabeth
Cady Stanton)
Setenta anos despois da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, as mulleres estamos a ser a avanzadilla da loita pola non discriminación e a lexitimidade que teñen todas as persoas a ser iguais en dignidade e dereitos. Saímos ás rúas, facémonos oír, reivindicamos por aquelas que o teñen prohibido, denunciamos as inxustizas si, pero sempre estamos a conxugar os verbos en presente.
Habería que preguntarse entón que sería de nosoutras sen as que nos precederon: mulleres sen voz, sen lei, sen partido, sen organizacións, sen redes… A súa loita foi encarnizada e descomunal, porque estaban soas e con todo en contra. Por iso elas son o noso referente, a elas debémoslles o futuro.
Raíñas, guerreiras, Premios Nobel, artistas, heroínas, a Historia está preñada delas. Mulleres que nunca se rendiron, que pagaron en ocasións coa súa vida por un ideal ou por intentar mellorar o mundo…e que foron esquecidas ou afastadas.
Por iso dende o IES Xoán Montes reclamamos os seus nomes en MAIÚSCULA. Por todos os nosos alumnos para que as coñezan, e por todas as nosas alumnas para que xamais as esquezan.
xoves, 16 de novembro de 2017
16 N: Día da Filosofía entre filósofas
Durante séculos, en todas as culturas, a filosofía deu a luz conceptos, ideas e análises que sentaron as bases do pensamento crítico, independente e creativo. E as mulleres contribuiron e contribúen a forxar un pensamento crítico e independente. Eiquí podedes afondar nas súas biografías e obras.
sábado, 5 de marzo de 2016
Bocas seladas
Outro ano máis chegamos ao 8 de Marzo e disque é o Día da Muller. O resto do ano, que foi do 51% da poboación mundial?
O silencio, amigas, este é o inimigo, que non se nos vexa (canto menos chames a atención, mellor), que non saiba ninguén o que pasa na túa casa (de portas para fóra, que non saia), que non se fale de nosoutras (nin na política, nin nas leis, nin nos medios de comunicación, nin nos libros…), que non se nos oia sinalando, clamando, reclamando.
Xa non é tempo de silencio, senón de revelación. Falade, rapazas, disertade, exhortade, demandade, e que se escoite tamén a aquelas que antes de nosoutras foron, que ocupen un lugar predominante, arriba e a dereita, a onde van de xeito natural os ollos. Mulleres de todas partes, de todos os saberes, de todos os oficios, de todas as loitas…
O silencio, amigas, este é o inimigo, que non se nos vexa (canto menos chames a atención, mellor), que non saiba ninguén o que pasa na túa casa (de portas para fóra, que non saia), que non se fale de nosoutras (nin na política, nin nas leis, nin nos medios de comunicación, nin nos libros…), que non se nos oia sinalando, clamando, reclamando.
Xa non é tempo de silencio, senón de revelación. Falade, rapazas, disertade, exhortade, demandade, e que se escoite tamén a aquelas que antes de nosoutras foron, que ocupen un lugar predominante, arriba e a dereita, a onde van de xeito natural os ollos. Mulleres de todas partes, de todos os saberes, de todos os oficios, de todas as loitas…
Que non nos selen os labios!
Este foi o lema, con dobre sentido, escollido para que o alumnado de 2º ESO na materia de Cidadanía, investigara e visibilizara a algunhas desas mulleres que aparecen nos selos de correos e que ninguén parece ver nin coñecer. Non están todas as que son, mais ...
martes, 3 de marzo de 2015
Mulleres tras as liñas
Até o século XX, a muller europea pertenceu, en estrito sentido, ao home da familia: ao pai cando era virxe e ao marido, cando casaba, e aos seus fillos, cando enviuvaba. Ademais, desde o punto de vista legal, non podía comprar nin vender as súas pertenzas, viaxar, estudar, subsistir..., sen o permiso dos homes. Desafiar todo isto, supuña perdelo todo.
Pero houbo mulleres que se arriscaron, que perderon o medo, que dixeron NON, porque querían recuperar a súa esencia, a súa liberdade. Para iso, moitas se vestiron de homes, outras usaron pseudónimos, para realizar ese desexo obsesivo: deixar de estar illadas, marxinadas; en definitiva, poder ser elas mesmas.
Pero houbo mulleres que se arriscaron, que perderon o medo, que dixeron NON, porque querían recuperar a súa esencia, a súa liberdade. Para iso, moitas se vestiron de homes, outras usaron pseudónimos, para realizar ese desexo obsesivo: deixar de estar illadas, marxinadas; en definitiva, poder ser elas mesmas.
O noso proxecto comenza con dous referentes culturais: o primeiro máis coñecido polo noso alumnado a través do cine, Hua Mulan, unha muller que disfrazada de guerreiro uníuse ao exército chino e cuxa lenda está recollida no poema Balada de Mulan. O outro referente, máis coñecido por as que temos xa unha certa idade, fai referencia a nosa nenez e aos xogos coa comba, "La doncella guerrera": quen non recorda isto?
"A un capitán sevillano la desgracia le dio Dios / de siete hijas que tuvo que ninguna fue varón / un día la más pequeña le pidió la bendición / padre me voy a la guerra vestidita de varón / hija mía no te vayas que te van a conocer / tienes el pelito largo y la cara de mujer / padre si lo tengo largo padre me lo cortaré / y después de bien cortado un varón pareceré / siete años peleando y nadie la conoció / sólo la hija del rey que de ella se enamoró."
Aquí tedes unha escolma de mulleres que se disfrazaron de homes:
Aquí tedes unha escolma de mulleres que se disfrazaron de homes:
e outra de mulleres que optaron usar un pseudónimo masculino:
mércores, 26 de novembro de 2014
Día contra a violencia de xénero
Os días previos foron de moita adicación: o alumnado de BAC xunto coa súa profesora de Educación Física Inmma prepararon esta performance para realizala durante o recreo do día 25 e así sorprender a toda a Comunidade educativa.
Ao final, só quedaron esos 44 pares de zapatillas que simbolizan ás mulleres mortas este ano a causa desta lacra social que parece non querer abandonarnos.
Nós puxemos o noso grao de area para que toda a rapazada tome conciencia do que está a suceder non só aquí, senón en todo o mundo.
Grazas a todos pola vosa colaboración e rapaces tomade boa nota!
xoves, 6 de marzo de 2014
Mulleres con valor
Outra vez estamos a celebrar este día 8 de marzo coa ilusoria pretensión de recordarlle á xente que as mulleres tamén formamos parte dese grupo económico que denominamos produtores, como se nosoutras non levásemos uns 200.000 anos (50.000 arriba ou abaixo) co lombo partido en aras do desenvolvemento da humanidade.
E nestas estabamos no IES Xoán Montes, cando ao Equipo da Biblioteca se nos ocorreu investigar se se lles daba ás mulleres o suficiente valor nos países europeos do século XX como para destacar as súas figuras nos billetes de curso legal.
Así foi como nos puxemos a traballar co alumnado de 1º da ESO este proxecto documental, referido a aquelas mulleres que aparecían nos billetes de países europeos nos último corenta anos antes da entrada na UE.
Nun principio chamounos a atención a desproporción estatística entre o número de personaxes masculinos que atopabamos e os femininos. A desigualdade neste espacio mesmo supera o da vida cotiá. Sen ter en conta ás raíñas, resulta inconcebible que mulleres tan importantes como houbo en ámbitos destacados de todas as artes e as ciencias no fosen nunca recoñecidas polos seus lugares de orixe, e que, por riba, se pretendese realzar en moitas ocasións figuras de mulleres prototipos, as esposas de, as obreiras exemplares, os modelos de beleza…sempre sen un nome, sen identidade.
Queda claro que os estados seguen a ser patriarcais e masculinizantes, que a muller vese na obriga de acumular maiores méritos que o home para alcanzar as mesmas cotas e que eses grandes talentos que queremos celebrar con este traballo triunfaron a pesares da súa condición feminina, tras una tenaz resistencia, en cada caso, ao rol que se lles quería impoñer dende tempos ancestrais.
Vaia aquí a nosa homenaxe tamén a todas esas mulleres que faltan, as pouco coñecidas pioneiras que romperon moldes e que sempre servirán de referencia ás novas xeneracións.
Ademais, creamos un xogo para poñer en práctica o aprendido con esta actividade. Preme nesta imaxe:
mércores, 29 de xaneiro de 2014
luns, 11 de marzo de 2013
Toma nota¡ Día da muller
Aproveitando o aniversario da publicación da obra Cantares Galegos de Rosalía de Castro, dende a Biblioteca do Xoán Montes xurdiu a idea de recordar a esta muller, figura clave da historia da nosa terra, a través do poema Negra Sombra, musicado polo compositor que dá nome ao noso Centro.
Que mellor que utilizar unha partitura, tan identificada co noso sentir, para ilustrar o papel das mulleres, sempre na sombra, a través dunha serie de biografías de destacadas protagonistas en tódolos ámbitos, épocas e lugares: dende Safo de Lesbos ata Malala, nun percorrido que pretende atraer a atención do alumnado e sacar á luz a contribución das mulleres á historia da humanidade.
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)




.jpg)



