Amosando publicacións coa etiqueta Premios. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Premios. Amosar todas as publicacións

martes, 28 de maio de 2024

Certames

Xa temos as gañadoras dos certames.
 Na modalidade "Knolling Literario" estes son os que máis votos acadaron do noso xurado: os de Sofía, Lúa, Noa e Icía.
Na modalidade, Certame de Tapas, as que tiveron maior número de aciertos foron: Maica, Jimena, Noa e Daniela.
Parabéns a todas e moitas grazas por participar¡

martes, 24 de outubro de 2023

Día das bibliotecas 2023

  Dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas o 24 de outubro. O lema deste ano, "Tecendo Comunidades", pretende destacar o papel fundamental que desempeñan as bibliotecas na construción de lazos fortes dentro das nosas comunidades.

 
 Unha biblioteca non é só un edificio cheo de libros: son corazóns palpitantes dentro das nosas comunidades, son espazos de encontro e diálogo. O Día das Bibliotecas pon en valor o traballo que realizan todas as bibliotecas españolas, de todas as tipoloxías (públicas, escolares, universitarias, especializadas e nacionais/rexionais), para conectar aos seus usuarios, crear redes de apoio e colaboración, fomentar a participación e o diálogo cidadán, facer accesible a cultura e o coñecemento a toda a poboación, independentemente da súa idade, xénero, raza ou lugar de residencia.


E como vén sendo habitual,  o equipo da biblioteca aproveita esta efeméride para entregar  un agasallo aos seus mellores lectores: Parabéns!


Benvidos/-as a un novo curso¡


sábado, 20 de maio de 2023

A volta ao mundo en 80 libros


"Foi un dos socios do selecto Reform Club de Londres, Andrew Stuart, quen lanzou o reto: “Pois ben, fágao”. O interpelado respondeu sen distraer a súa atención da partida de whist: “A volta ao mundo en oitenta días? Deseguido”. E Phileas Fogg partiu esa mesma noite, tomou o tren do 20.45 rumbo a Douvres."
 E nós recollemos a luva : que mellor modo de homenaxear o 150 aniversario da publicación da novela de Julio Verne e do mes do libro? O reto é realizar unha viaxe tomando como punto de partida os libros, exactamente 80, a través de pequenas biografías, imaxes do espazo novelescos reais ou imaxinarios e comezos de libros de todos os tempos e continentes, nun tempo limitado desde o 23 de abril ata o 17 de maio.

Expuxemos o percorrido:


E  moitos viaxeiros subíronse ao globo e iniciaron  o seu periplo a libros descoñecidos.


Rematado o prazo, e mentres estamos a revisar os tacógrafos para determinar quen completaron o percorrido, aquí atoparedes  os autores/-as e os títulos dos libros que conformaron a noso reto deste curso. 
 

mércores, 12 de abril de 2023

Torneo de Xadrez


 Non sabemos moi ben por que pero este curso espertouse a febre do xadrez. Taboleiros que levaban durmidos na biblio en espera de xogadores/-as, agora convertéronse en estrelas: todos os recreos hai unha peregrinación para poder collelos os primeiros. 

Por esta razón propuxémoslles facer unha liga, un torneo e, obviamente, foi un éxito. E aquí están os nosos flamantes gañadores en cada unha das súas categorías: Yoel e Pablo. Parabén!



martes, 21 de marzo de 2023

Canción ou poema? Reto

 Gústache a poesía? Les poemas? Estamos case seguras de que a resposta maioritaria sería: NON. As razóns para que isto non suceda poden ser múltiples:é aburrida, ridícula, difícil, non a entendo…

Pois ben, pretendemos demostrarche que isto non é así, porque estamos seguras de que escoitas cancións, e seguro que che sabes de memoria moitas letras. É dicir, ESCOITAS poesía, porque o único que separa a letra dunha canción dun poema é unha fina liña, para ser precisas, son cinco as que separan unha canción dun poema. 

E aquí é onde che lanzamos un “reto”: le o contido de cada recadro e cobre esta táboa poñendo unha cruz, indicando se é un poema ou a letra dunha canción. Non se trata de que as busques na internet- iso pódelo facer logo, se che apetece- . 

Oxalá que ao final, e despois de ver os teus resultados, convenzámosche de que ler poesía non é nin ridículo, nin difícil, nin aburrido. 


martes, 21 de febreiro de 2023

(Des)amores (im)posibles

Estes son os relatos gañadores de o certame literario, no que estabamos na procura dunha historia de (des)amor que non estivera protagonizada por persoas ou animais. Grazas a todos/-as por participar e parabéns a Sandra, Álvaro e Carla¡

 

 
 Asemade, aquí tendes una pequena mostra do acontecido na nosa "Citas a cegas...cun libro", que coma sempre tivo unha excelente acollida

martes, 22 de novembro de 2022

De premios

O noso Centro foi premiado pola Consellería de Educación no VIII Concurso de Traballos por Proxectos, polo noso proxecto FORMU-LAND, realiazado pola toda esta rapazada no curso anterior.


Este concurso busca estimular, mediante o recoñecemento de boas prácticas, o deseño e desenvolvemento de proxectos de carácter interdisciplinario ou de proxectos de investigación, baixo a coordinación da biblioteca ou co apoio desta, na liña da metodoloxía de aprendizaxe baseada en proxectos (ABP)

sábado, 29 de outubro de 2022

"As letras" , por Juan Mayorga

 Discurso de Juan Mayorga, titulado 'As letras',  na cerimonia de entrega dos Premios Princesa de Asturias 2022 no Teatro Campoamor de Oviedo.

martes, 25 de outubro de 2022

Día das Bibliotecas


 Dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas o 24 de outubro. A edición deste ano, baixo o lema “BiblioTEcuida”, céntrase en destacar "o papel das bibliotecas de diferente tipoloxía como espazos libres e abertos que, a través dos seus diversos servizos e recursos, preocúpanse por atender as necesidades dos seus usuarios. As bibliotecas están abertas a toda a cidadanía e son un piar fundamental ao servizo das comunidades ás que pertencen."



E como vén sendo habitual,  o equipo da biblioteca aproveita esta efeméride para entregar  un agasallo aos seus mellores lectores, nesta ocasión LECTORAS. Parabéns a todas!



Benvidos/-as a este novo curso!

luns, 25 de outubro de 2021

Día das bibliotecas

 

Como xa sabedes, todos os 24 de outubro celébrase o día das bibliotecas. A edición deste ano, baixo o lema "Bibliotecas: ver, aprender, descubrir", céntrase en destacar o papel das bibliotecas de diferente tipoloxía como espazos libres, diversos e abertos para o acceso á cultura e o coñecemento. E, como todos os cursos, aproveitamos este día para agasallar aos nosos tres mellores lectores/as do curso pasado, que descubriron, vaia se descubriron, moitos libros e moitas lecturas. 
Noraboa a Fany, Lúa e Saúl¡

domingo, 29 de novembro de 2020

El fantasma de la mansión Campbell

Aquí tedes o relato gañador do noso Concurso de relatos de medo. NORABOA  Lúa por este relato e DISFRUTÁDEO¡

 

mércores, 28 de outubro de 2020

De premios

 Como todos os anos, aproveitamos o Día das Bibliotecas para entregar o premio ao mellor lector/-a do curso pasado. Pois ben, este ano e polas circunstancias de todos coñecidas houbo moitos premios que entregar. Á Superlectora, Emilia (2º ESO), ás gañadoras dos concursos que organizamos durante o confinamento: A lectura na vida, Kelly (3º ESO) e Olladas letradas e enmascaradas, Marta (3ºESO). 



E, por último, da  nosa Liga de lectores/as extraordinarios/-as, a gañadora foi Sofía de 1º de BAC, con esta proposta marabillosa.



domingo, 24 de novembro de 2019

VI Concurso de Traballos por Proxectos

O noso Centro ven de ser dobremente premiado neste concurso que busca estimular, mediante o recoñecemento de boas prácticas, o deseño e desenvolvemento de proxectos de carácter interdisciplinario ou de proxectos de investigación, baixo a coordinación da biblioteca ou co apoio desta, na liña da metodoloxía de aprendizaxe baseada en proxectos (ABP).

       Grazas ao alumnado do segundo ciclo da ESO na materia de Cultura Clásica:

O Xardín das Hespérides
e ao de 1º de Bac, na materia de Historia do Mundo Contemporáneo:

(A)rrouparte

 e ao labor do profesorado que os dirixiu Mª América García e Anxos Vidal e Paula Fernández, isto foi posible. Noraboa a todas e todos!

venres, 14 de decembro de 2018

V Concurso de traballos por proxectos

    Un novo premio súmase ás paredes da biblioteca do IES Xoán Montes e ao alumnado que esta a cursar este ano 2º da ESO.  De primeira(-s) é  a rapazada e a coordinadora - Anxos Vidal- que con tanto tesón e esforzo traballaron  para dar a coñecer a 100 mulleres - poderían ser moitas máis- que foron pioneiras en diferentes campos. Eles e nós estamos encantadas por este recoñecemento ao labor realizado durante o curso 2017/18.

NORABOA!

mércores, 24 de outubro de 2018

Día das Bibliotecas

   Como cada 24 de outubro, hoxe celebramos o Día das Bibliotecas e nós sumámonos a esta conmemoración da mellor maneira que sabemos: dando as grazas a todos os nosos usuarios/-as  e entregando os agasallos as nosos SUPERLECTORAS do curso 2017/18. NORABOA, rapazas!

domingo, 24 de xuño de 2018

Retos lectores


Velaí a Erika e Carla, de 1º de ESO, que foron quen de completar nin máis nin menos de CATRO retos lectores ao longo deste curso que xa remata. NORABOA as dúas e tamén a todos aqueles/-as que fostes capaces de completar os retos. Desexamos que o curso que vén sigades mellorando!


Crédito imaxe

xoves, 31 de maio de 2018

Gañadores do "Escape room" (A)salteadores de cadros


Despois de meses de cadro en cadro, por fin os nosos/-as concursantes atoparon a chave para voltar a casa. Empezaron 60 e só oito chegaron ao final, despois de "durísimas probas". E aí os tedes, Alejandra, Carmen, Jocobo e Luis, PARABÉNS! 

sábado, 20 de xaneiro de 2018

VII Concurso "Lucus intercentros"

Ás veces a vida do Centro se paraliza porque algo está a ocurrir alén da muralla que nos circunda. Alumnado e profesorado aproveitamos o tempo libre - e non tan libre- para seguir as nosas representantes neste concurso- retransmitido en streaming desde o IES Muralla Romana- que celebra xa a súa sétima edición.
Alí acudiron, seguro que moi nerviosas: Dina, Paula e Valentyna. E con elas repetimos, por segundo ano consecutivo, unha merecida victoria.
Din que unha imaxe vale máis que mil palabras, pois neste caso é ben certo á vista dos sorrisos das nosas representantes.

Noticia no Progreso

ENHORABOA, RAPAZAS e a disfrutar do premio!



Por se vos perdestes o concurso:


venres, 28 de abril de 2017

Cóntame un cadro

Xa se coñecen ás tres gañadoras do concurso literario, para o Primeiro ciclo da ESO, "Cóntame un cadro", Jenny e Sonia, de 1º e Raquel, de 2º. Noraboa ás tres, e moitas grazas a todos os participantes.

venres, 17 de febreiro de 2017

Xincana de cine romántico

Xa coñecemos aos gañadores da xincana celebrada o Día de San Valentín:


Pablo Novo e Andrea García, 10 acertos
Jacobo Fariñas e Hugo Castro, 7
Alba Piñeiro e Alejandra Teodoro, 7
Ana Rguez e Carmen Peñalver, 6
Abraham Pena e Silvia Ouro, 5
Carlota Varela e Celia Veiga, 4



Noraboa aos premiados!