Amosando publicacións coa etiqueta Toponimia. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Toponimia. Amosar todas as publicacións

mércores, 14 de febreiro de 2018

Amor & Toponimia

Imaxe

Imaxe
Como todos os anos por estas datas, celebramos o San Valentín. A súa historia remóntase ao século  V.  En vida Valentín predicara a fe en Roma e oficiara matrimonios cristiáns clandestinos.

A moza  Serapia amaba ao  centurión romano Sabino. Superada a oposición dos pais dela, descubriuse que a rapariga estaba  mortalmente enferma. Valentín uniunos en matrimonio , aínda que Sabino era pagán. Despois ambos morreron. Grazas aos seus moitos milagres Valentín foi  canonizado e a partir de entón celébrase a Festa do Amor.


Son moitas as ofertas de todo tipo que se ven estes días para celebralo e  Ana, Candea, Iria e Sara -alumnas de 1º ESO- preséntanvos unha diferente: esta ruta turística relacionada coa toponimia do amor en Galicia. Quizá algún/-a anímese  a visitar  Bicos, ou a praia de  Benquerencia ou de deixe caer polos  viñedos de Amandi  ou se achegue a coñecer o río Tenorio. 

martes, 3 de decembro de 2013

180 ANOS DE HISTORIA PROVINCIAL

Co gallo desta conmemoración, o noso Centro decidiu colaborar coa Deputación Provincial, elaborando cos rapaces da 4º da ESO un mapa toponímico de Lugo e da súa bisbarra:
Un roteiro biográfico das rúas que levan o nome dun artista


unha serie ce carteis publicitarios para promocinar Lugo de cara ao turismo:


un mapa cas rúas que levan nome dun científico:

Ver Rueiro científico lucense en un mapa más grande

e, por último, o espazo intramurallas, cuberto de poemas adicados á cidade por diversos poetas, recitados polo alumnado.