Amosando publicacións coa etiqueta Día das Letras Galegas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día das Letras Galegas. Amosar todas as publicacións

domingo, 21 de maio de 2023

Vivir os libros

 Este venres participamos, co alumnado dos Clubs de Lectura de 2º de ESO e 1º de BAC, na Feira do Libro. Os libreiros, con moita paciencia e empatía, permitiron unha cercanía entre o lector e o os exemplares expostos, respostaron as súas preguntas e aconselláronlles novidades editoriais, temas e formatos. Así a rapazada puido mercar libros para eles, pero tamén elixiron lecturas para que o Centro as mercara e ampliaran os fondos da Biblioteca.

 

Ademais, tanto eles coma nós, puidemos disfrutar da actividade musical,  A historia do rock’n roll en 45 minutos: de Elvis a Nirvana,  de Jacobo de Lope. Todo un éxito¡ 

Ambas artes permitíronnos desfrutar dunha mañá plena de arte e sensibilidade.


sábado, 20 de maio de 2023

A volta ao mundo en 80 libros


"Foi un dos socios do selecto Reform Club de Londres, Andrew Stuart, quen lanzou o reto: “Pois ben, fágao”. O interpelado respondeu sen distraer a súa atención da partida de whist: “A volta ao mundo en oitenta días? Deseguido”. E Phileas Fogg partiu esa mesma noite, tomou o tren do 20.45 rumbo a Douvres."
 E nós recollemos a luva : que mellor modo de homenaxear o 150 aniversario da publicación da novela de Julio Verne e do mes do libro? O reto é realizar unha viaxe tomando como punto de partida os libros, exactamente 80, a través de pequenas biografías, imaxes do espazo novelescos reais ou imaxinarios e comezos de libros de todos os tempos e continentes, nun tempo limitado desde o 23 de abril ata o 17 de maio.

Expuxemos o percorrido:


E  moitos viaxeiros subíronse ao globo e iniciaron  o seu periplo a libros descoñecidos.


Rematado o prazo, e mentres estamos a revisar os tacógrafos para determinar quen completaron o percorrido, aquí atoparedes  os autores/-as e os títulos dos libros que conformaron a noso reto deste curso. 
 

sábado, 15 de maio de 2021

Por que a Poesía?


Este ano adícase o Día das Letras Galegas à poeta Xela Arias. Velaquí a nosa forma de conmemorar este día, reciclando poemas ou, o que é o mesmo, tomando prestados versos de diferentes poetas para compoñer un novo que sirva de homenaxe . Grazas ao alumnado de 1º de Bac pola creación deste videopoema e aos escritores/-as dos que tomamos prestados os seus versos!
 Seríades capaces de  descubrilos?


martes, 12 de maio de 2020

Reto: "Olladas letradas e enmascaradas"

    
 Un ano máis estamos a piques de celebrar o Día das Letras Galegas. Pero nesta ocasión non poderá haber actos nos centros de ensino pola situación que estamos a vivir. Isto non nos impide facelo de maneira virtual.

    Porén achegámosvos un novo reto: tendes que descubrir que escritores/-as se agochan tras as máscaras, agora que debemos de usalas todos/-as.

   O reto e moi sinxelo: en cada imaxe verás un número e unha pista. Tes  que averiguar  o nome do escritor/-a, o ano no que se lle adicou o Día das Letras e, tamén, tes que explicar a relación da pista co/ca homenaxeado/-a.

    Os tres primeiros  que acerten todas as respostas acadarán un premio. E, coma sempre, mandade o resultado das vosas pescudas ao correo da biblio.



xoves, 17 de maio de 2018

A lectora

"Desde o balcón, sentado cun libro,
comparto en soidade a  jubilosa
caída da tarde.
Despois haberá un misterio en cada esquina,
un silencio de  tilos e de sombras.(...)"

L. García Montero


sábado, 16 de maio de 2015

E ti, canto sabes?

Propómosvos un xogo. O seu obxectivo é coñecer canto sabes sobre os escritores/-as que foron homenaxeados desde 1963. Se tes dúbidas, sempre podes recorrer ao mapa "letrado" que tes debaixo, que che será de gran axuda.
Xoga e divírtete!

venres, 15 de maio de 2015

Un mapa moi "LETRADO"

Para conmemorar o Día das Letras galegas, que mellor que facer un percorrido visual onde atoparedes a quen se lle adicou cada ano esta efeméride?

domingo, 1 de xuño de 2014

Os camiños esquencidos, crónica

O luns pola tarde os de 4º fomos a unha homenaxe ofrecido polo centro educativo Poeta Díaz Castro de Guitiriz, celebrado no IES Lucus Augusti.
Ao chegar alí, cara as catro e cuarto, accedemos á entrada onde había un "photocall".
Despois subimos ao salón de actos e esperamos a que chegasen o alumnado doutros centros: Ánxel Fole, Leiras Pulpeiro, Muralla Romana,...
Sentados todos no sitio que tíñamos reservado, apáganse as luces e amosan o videopoema feito polo nós.



Ao finalizar, saíron os presentadores a escea quen, en ton humorístico, nos aportaron diversos datos sobre o poeta, o seu Centro e sobre as actividades que realizaron durante este curso. Tamén saíu a directora, quen agredeceu o interese de todos os que ficeron posible ese proxecto.

Despois, algúns alumnos da capital lucense recitaron poemas de Nimbos e, outro alumnos guitiricenses explicáronnos outros dos seus proxectos, como son dous roteiros pola súa vila ou o deseño dunha nova páxina web.

Acto seguido, puidemos ver unha curta, tamén realizada por eles, na que un amigo de Díaz Castro con alzheimer recorda algúns dos seus momentos co autor, como se el fose o poeta.


Unha película amena, de grande calidade coa que "sen querer" aprendemos da súa vida e da súa época.

Para rematar, a directora da película, Cristina de la Torre, e catro dos seus actores ofrecéronnos un número de teléfono para enviarlles dúbidas. A sesión rematou cunha canción.
En fin, foron dúas horas divertidas onde aprendimos moito: unha tarde 10!

 
Por Lucía Fernández, alumna de 4º de ESO

sábado, 17 de maio de 2014

Olladas letradas





Para conmemorar o Día das Letras galegas, creamos este  xogo no que, a partires destas  imaxes e destas pistas, terás que identificar a estes corenta escritores dos que só podes ver os seus ollos.




Nós xa comezamos




e ti, atréveste?

Podes deixar as túas respostas na caixa de comentarios. Sorte¡

sábado, 18 de maio de 2013

Letras Galegas 2013

 

Co gallo do Día das Letras Galegas, o alumnado de 4ºB da ESO fixo unha adaptación da obra "Rastros" de Vidal Bolaño e representárona no recreo diante dos seus compañeiros.

Sara, Alba y Leslie nun momento da representación