Como forma de celebrar o Día internacional da Danza: pintura e movemento, en tempos de confinamento. Disfrutade destas dúas propostas creativas¡
Amosando publicacións coa etiqueta Arte b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Arte b>. Amosar todas as publicacións
xoves, 30 de abril de 2020
mércores, 21 de marzo de 2018
Escape room: (A)salteadores de cadros VI
... Non vexo nada... Que néboa... Ufff...que calor! Dende logo é un bo lugar para permanecer escondido.Ai.... debaixo da fiestra. Meu deus... cantas mulleres! Que traballos tan ingratos e seguro que están a traballar para outros por catro cans! Xoves e vellas como nunha rolda que nunca se acaba. Que vidas! Non sei se soportarei por moito tempo esta humidade. Doénme as pernas. O bo é que xa falta menos, pois xa me falta menos para voltar a casa.
Axuda ao noso protagonista a resolver os enigmas e que poda voltar a casa antes de que os seus perseguidores o encontren.
venres, 9 de marzo de 2018
De primeira(-s)
Todas (e todos) hoxe sabedes ler, escribir, realizar operacións matemáticas, ter unha conta a voso nome, manexar un ordenador ou un móbil? Pero todo isto era impensable hai moitas décadas para as mulleres, e mesmo, para moitas mozas ha día de hoxe é un soño inalcanzable.
O feito de que moitas de vós poidades estudar en igualdade cos mozos forma parte da historia da muller. As mulleres occidentais alcanzamos metas incribles hai uns anos, aínda que a situación noutros países do mundo sexa tremenda: a ablación feminina, a limitación do nacemento de nenas a favor dos nenos, a submisión da muller baixo os burkas e, sen ir tan lonxe no espazo, os casos de violencia de xénero que alagan os informativos en todos os países.
Por iso, o noso obxectivo foi visibilizar a aquelas mulleres que foron as primeiras en lograr ou conseguir, nos diferentes campos, algo. Trátase de dar luz, de pór o foco nelas, para que as coñezades e coñézanas. De aquí o título: DE PRIMEIRA(-S), que quere dicir, "sobresaliente na súa liña". Foron 100 as escollidas, pero poderían ser moitas máis!
Esta exposición forma parte do proxecto documental que se está a realizar co alumnado de 1º de ESO- quen recabaron estes datos que agora vedes- na materia de Tratamento de información e Investigación. En breve, podederes velas moito máis de cerca.
xoves, 22 de febreiro de 2018
Escape room: (A)salteadores de cadros V
Crash! Onde estou agora? Ah¡ Ah¡ Ah! Pero...xa estamos no Entroido? Como pasa o tempo! Alomenos poderei botar man dunha máscara para que non me atopen. Calquera destas váleme, se podo coller unha sen que se decaten. Pero terei que escapar axiña , claro se atopo as respostas, porque esta habitación é tan pequeña…
mércores, 24 de xaneiro de 2018
Escape room: (A)salteadores de cadros IV
Miúda tolemia! Paseime todas as vacacións fuxindo e non son capaz de atopar a saída. Por unha banda, isto empeza ata gustarme porque me permite retroceder no tempo e coñecer a outras persoas e lugares. Por outro, hai momentos en que me sinto angustiado.
Neste novo salto mirade en que lugar atópome. Vénme ben porque entre tanta xente paso desapercibido para os que me perseguen. Aínda que, claro, sendo tan novo e con esta indumentaria, todos estes homes non fan máis que mirarme estrañados. Estou a tentar pescudar por que están aquí reunidos - ouvín algo de asinar a Paz- , mentres trato de escabullirme dos meus perseguidores e de solucionar as pistas que me leven de volta a casa.
xoves, 21 de decembro de 2017
Escape room: (A)salteadores de cadros IV
Os teus perseguidores atoparon a forma de (a)saltar o cadro e ti chegaras a crer que tiñas superpoderes. Abres a porta e...
Onde estou agora? Que fago aquí no medio de toda esta xente que vai e vén ? E ese Papá Noel? Claro, está a chegar o Nadal e sigo encerrado neste lenzo. Necesito volver a casa xa. Pero...aí están? Debo esconderme outra vez...
O teu equipo e ti deberedes resolver todas as pistas se queredes chegar celebrar o Nadal en casa
Onde estou agora? Que fago aquí no medio de toda esta xente que vai e vén ? E ese Papá Noel? Claro, está a chegar o Nadal e sigo encerrado neste lenzo. Necesito volver a casa xa. Pero...aí están? Debo esconderme outra vez...
O teu equipo e ti deberedes resolver todas as pistas se queredes chegar celebrar o Nadal en casa
mércores, 29 de novembro de 2017
Escape room: (A)salteadores de cadros II
Descubríronte. Pretenden roubar o cadro para levarche con eles. Tes que fuxir! Ves a porta , ábrela e...
Que é isto? Que fai toda esta xente reunida? Polo menos aquí pasarei desapercibido entre este tumulto e será difícil que me localicen. Festa, isto é unha festa. Están a celebrar o Samaín? Non me podo distraer. Teño que atopar a saída para volver á miña vida real.
Ti e o teu equipo deberedes traballar xuntos para atopar a porta que vos leve á saída
Ti e o teu equipo deberedes traballar xuntos para atopar a porta que vos leve á saída
xoves, 16 de novembro de 2017
Día internacional do Patrimonio
Hoxe é o Día internacional do Patrimonio. Pero... Que é "patrimonio", pois neste caso defínese como o "Conxunto de cousas materiais ou inmateriais de certa antigüidade e importancia recoñecida, pertencente a unha colectividade". E de "colectividade" imos falar, porque está claro que quere dicir que nos pertence a todos e polo tanto merece que o cuidemos e respectemos para que xeracións vindeiras poidan coñecelo porque, entre outras razóns, forma parte da nosa Historia.
A pouco que nos paseemos pola nosa cidade - que é Patrimonio da Humanidade pola nosa Muralla- podemos observar que moitos monumentos están en pésimas condicións polas agresións de todo tipo: só hai que dar unha volta pola muralla ou pola rúa Aguirre para decatarnos.
Para conmemorar esta data, convidámosvos a facer este Roteiro escultórico lugués- feito polo alumando de 1º da ESO- para que tomemos conciencia- TODOS- do que temos e eduquemos á rapazada no respecto do que é noso.
Disfrutade da andaina:
mércores, 25 de outubro de 2017
Escape room: (A)salteadores de cadros I
Estanche a seguir. Oes como se aproximan as pisadas. Ves a mansión baleira. Rompes a xanela. Entras na biblioteca. Agóchaste. Os latexos do teu corazón vante delatar. Ves o cadro e, ironías da vida, o neno está a facer o mesmo ca ti. Cambiaríaste por el.
“Ei... que fago aquí, quen é esa nena, que fago nesta habitación con estas roupas e sen o meu móbilllllllll.”
“Ei... que fago aquí, quen é esa nena, que fago nesta habitación con estas roupas e sen o meu móbilllllllll.”
Ti e o teu equipo deberedes traballar xuntos para atopar a porta que vos leve á saída
martes, 12 de maio de 2015
Arte&Matemáticas
A piques xa de rematar o este curso, no que a Ciencia estivo tan presente, que mellor maneira, para pechalo círculo, que facelo relacionando dúas disciplinas: A ARTE e as MATEMÄTCAS. Para isto, e aproveitando que hoxe é o Día escolar das Matemáticas, toda a comunicade educativa pode visitar esta exposición.
O percorrido iníciase cos números π (pi) e Φ (fi) (chamado así por Fidias o gran escultor grego), está presente na arquitectura da antigüidade, desde Exipto e Grecia, á arquitectura preincaica, na da Idade Media, en forma de pentágono pitagórico, e na arte do Renacemento, Barroco… século XX. Realmente, a Divina Proporción, como a denominou no século XV Luca Pacioli, pódese observar en practicamente tódolas obras artísticas sexan arquitectónicas, escultóricas ou pictóricas da historia da Arte. Podémola ver tamén no deseño de logotipos e mesmo nas tarxetas de crédito ou no DNI.
Relacionado co número áureo está a sucesión de Fibonacci. Esta foi descuberta por Leonardo de Pisa no século XIII e forma parte de practicamente en tódalas cousas do universo, aparece na natureza , na arte, no deseño, …, en moitas ocasións en forma de espiral.
A xeometría na arte podemos observala nas teselacións ou mosaicos, tanto islámicos como os de M.C. Escher. Este, gran admirador da decoración islámica, decide realizar as súas propias teselacións e mundos imaxinarios a partir delas.
Outro aspecto fundamental na arte é o que os gregos denominaban rhythmós, é dicir, a proporción e o canon. Para ilustralo podemos observar O Doríforo de Polícleto (século V a.C.) e o Modulor de Le Corbusier (que toma como base o número áureo!).
Finalmente, na exposición pódese observar cómo as curvas, as rectas, conforman toda creación artística, en calquera tempo e lugar, así como unhas imaxes con citas de célebres matemáticos/-as, realizadas polo alumnado de 1º A BAC.
Aquí deixámosvos unha pequena mostra do que se pode ver. Que a disfrutedes|
sábado, 21 de marzo de 2015
P03514 M4T3M4T1CA M3NT3 V15U4L & POEMARTE
"En muchas familias nadie escribe poemas,
pero si uno de sus miembros empieza, suele sembrar el
contagio."
Hoxe celébrase o Día da Poesía e tomando como punto de partida estes versos de Wisława Szymborska , quixemos achegarlle ao alumnado que a poesía non é un problema que haxa que resolver, nin unha incógnita que haxa que despexar. A poesía é
"Vivir,
eso invisible que les sucede a otros"
(J. Cobo Wilkins)
E, neste caso, o que lles acontece a eles.
Porque a poesía está en todas partes:
nas matemáticas, o alumnado de 1º BAC A deixounos estas propostas:
ou na pintura: cada grupo-clase do Centro elixiu un cadro que lle serviu de inspiración para compoñer estes poemas colectivos.
Só nos resta darlles as grazas pola súa colaboración a todo o alumnado e ao profesorado que colaborou con nós.
domingo, 10 de marzo de 2013
O Entroido na arte
Este ano, a Biblioteca veu sumarse á festividade do Entroido, ofrecendo ao alumnado do Centro unha outra visión desta secular e universal celebración. Así, xurdiu O ARTROIDO a modo de pincelada pictórica ao longo dos diferentes séculos, estilos, países e autores que trataron o tema.
Deste xeito, e durante o mes de febreiro, puidéronse admirar obras de artistas (Brueghel, Picasso, Miró, Watteau, Laxeiro...), recreacións plásticas de célebres pasaxes literarias (Batalla de don Carnal), máscaras expresionistas, Carnaval de Venecia..... coa intención de abrir, encher e universalizar, a través da arte, a perspectiva do Entroido. Aquí deixámosvos unha pequena mostra do que puidemos ver:
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)


