Amosando publicacións coa etiqueta #bescolaresgalAbertas b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta #bescolaresgalAbertas b>. Amosar todas as publicacións
martes, 9 de xuño de 2020
Mi momento deportivo favorito
O departamento de Educación física realizou este curso, como actividade complementaria, este libro de relatos sobre un momento de disfrute realizando actividade física. Velaí o impresionante resultado. Noraboa a todos/-as!
martes, 12 de maio de 2020
Reto: "Olladas letradas e enmascaradas"
Un ano máis estamos a piques de celebrar o Día das Letras Galegas. Pero nesta ocasión non poderá haber actos nos centros de ensino pola situación que estamos a vivir. Isto non nos impide facelo de maneira virtual.
Porén achegámosvos un novo reto: tendes que descubrir que escritores/-as se agochan tras as máscaras, agora que debemos de usalas todos/-as.
O reto e moi sinxelo: en cada imaxe verás un número e unha pista. Tes que averiguar o nome do escritor/-a, o ano no que se lle adicou o Día das Letras e, tamén, tes que explicar a relación da pista co/ca homenaxeado/-a.
Os tres primeiros que acerten todas as respostas acadarán un premio. E, coma sempre, mandade o resultado das vosas pescudas ao correo da biblio.

Porén achegámosvos un novo reto: tendes que descubrir que escritores/-as se agochan tras as máscaras, agora que debemos de usalas todos/-as.
O reto e moi sinxelo: en cada imaxe verás un número e unha pista. Tes que averiguar o nome do escritor/-a, o ano no que se lle adicou o Día das Letras e, tamén, tes que explicar a relación da pista co/ca homenaxeado/-a.
Os tres primeiros que acerten todas as respostas acadarán un premio. E, coma sempre, mandade o resultado das vosas pescudas ao correo da biblio.

xoves, 30 de abril de 2020
Arte&movemento
Como forma de celebrar o Día internacional da Danza: pintura e movemento, en tempos de confinamento. Disfrutade destas dúas propostas creativas¡
xoves, 23 de abril de 2020
Palabras ao vento
É o título desta iniciativa cuxo obxectivo é facer un libro no que se recollen as vosas aportacións sobre o que estades ou estamos a vivir . E a nosa maneira virtual de celebrar o Día do libro XUNTOS neste 2020 que tantas inquedanzas nos trouxo.
E como sabemos que vos votades de menos, que estades a desexar estar outra vez xuntos, fixemos esta pequena escolma audiovisual para que recordedes os mellores momentos que compartimos vosoutros e nós nesta biblioteca que ten SEMPRE a porta aberta, que é refuxio, investigación, coñecemento, xogos, cultura, lecturas, creatividade, e, sobre todo, un lugar de encontro.
Grazas a todos e todas polas vosas aportacións, por pasaros por aquí e moito, moito ánimo¡
luns, 20 de abril de 2020
Reto literario: A lectura na vida
Conta Irene Vallejo no seu libro El infinito en un junco : "Si un libro es un viaje, el título será la brújula y el astrolabio de quienes se aventuran por sus caminos. Sin embargo, no siempre estuvo ahí para orientar a los navegantes. Los primeros relatos, los más remotos, llegaron al mundo sin nombre ni bautismo. (...) Los primeros títulos fijos, únicos e inamovibles pertenecieron a las obras teatrales. Los dramaturgos atenienses fueron pioneros en titular sus piezas (...) En realidad, hasta el siglo XIX los títulos no empezaron a desarrollar su propia poesía y sus señuelos.(...) En el recorrido entre el siglo XIX y XXI, han surgido sin ninguna duda los más bellos, los más audaces (...)"
De repente, neste afán que temos todas pola limpeza , poste a ordenar os andéis e atopas o primeiro título. Este lévate a outro e a outro, e, casi sen darte de conta, eles empezan a conformar a historia da túa vida lectora e, por que non, tamén describen os estraños e duros momentos que estamos a vivir.E aquí vai o noso dobre reto: Fai un vídeo ,ou unha foto, no que, partindo dos títulos dos libros que teñas na casa, constrúas un texto co tema que ti elixas ou ben podes optar por averiguar o nome dos autores/-as dos libros que aparecen no vídeo. Podes facernos chegar os teus vídeos ou as túas respostas á dirección de correoda biblio. No primeiro caso, publicarémolo no noso blog, e no segundo, aos tres primeiros que acerten todos os autores, terán como premio o agasallo dun libro. Sirva esta proposta para celebrar o Día do Libro e para facer unha pequena homenaxe ás librarias.
domingo, 22 de marzo de 2020
sábado, 21 de marzo de 2020
Día da poesía
Vivimos tempos de zozobra, de incertidume, de silencios e desesperanzas. Nada novo baixo o sol, dado que toda xeneración humana tivo o seu diluvio, plaga ou guerra. As súas criaturas fronte a Natureza, esa amorosa Nai que ás veces nos regaña e nos impón castigos, malos fillos.
Pero nosoutros, os humanos, en todo tempo e circunstancia, por moi fortes que fosen os ventos, alumeamos lugares seguros onde agocharnos, anclaxes de proximidade, de amizade, de amor…
Podemos chegar a ser o peor e tamén o mellor do mundo, pero coa nosa creatividade somos capaces de concebir fisuras polas que se filtren a dor e o sufrimento na liña de fogo das emocións.
Podemos chegar a ser o peor e tamén o mellor do mundo, pero coa nosa creatividade somos capaces de concebir fisuras polas que se filtren a dor e o sufrimento na liña de fogo das emocións.
Por iso pedimos ao noso alumnado máis veterano, os que tantos bos momentos nos deron nestes anos, que creasen un poema compartido, como símbolo de unión e solidariedade, versos que chegasen á xente, versos para abrir as ventas e que corra o aire, para gritar a verdade e crer no pobo.
Se a linguaxe é “unha árbore calcinada” en palabras do gran poeta Octavio Paz, a poesía será as cinzas das que voltaremos a rexurdir. Nunca fixo tanta falta esa Arte con maiúsculas.
¡Grazas pola vosa colaboración!
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)