Amosando publicacións coa etiqueta Pintura. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Pintura. Amosar todas as publicacións

xoves, 30 de abril de 2020

Arte&movemento

Como forma de celebrar o Día internacional da Danza: pintura e movemento, en tempos de confinamento. Disfrutade destas dúas propostas creativas¡







mércores, 21 de marzo de 2018

Escape room: (A)salteadores de cadros VI

... Non vexo nada... Que néboa... Ufff...que calor! Dende logo é un bo lugar para permanecer escondido.Ai.... debaixo da fiestra.  Meu deus... cantas mulleres! Que traballos tan ingratos e seguro que están a traballar para outros por catro cans! Xoves e vellas como nunha rolda que nunca se acaba. Que vidas! Non sei se soportarei por moito tempo esta humidade. Doénme as pernas. O bo é que xa falta menos, pois xa me falta menos para voltar a casa.

Axuda ao noso protagonista a resolver os enigmas e que poda voltar a casa antes de que os seus perseguidores o encontren.


xoves, 22 de febreiro de 2018

Escape room: (A)salteadores de cadros V

Crash! Onde estou agora? Ah¡ Ah¡ Ah! Pero...xa estamos no Entroido? Como pasa o tempo! Alomenos poderei botar man dunha máscara para que non me atopen. Calquera destas váleme, se podo coller unha sen que se decaten. Pero terei que escapar axiña , claro se atopo as respostas, porque esta habitación é tan pequeña…



mércores, 24 de xaneiro de 2018

Escape room: (A)salteadores de cadros IV

Miúda tolemia! Paseime todas as vacacións fuxindo e non son capaz de atopar a saída. Por unha banda, isto empeza ata gustarme porque me permite retroceder no tempo e coñecer a outras persoas e lugares. Por outro, hai momentos en que me sinto angustiado.
Neste novo salto mirade en que lugar atópome. Vénme ben porque entre tanta xente paso desapercibido para os que me perseguen. Aínda que, claro, sendo tan novo e con esta indumentaria, todos estes homes non fan máis que mirarme estrañados. Estou a tentar pescudar por que están aquí reunidos - ouvín algo de asinar a Paz- , mentres trato de escabullirme dos meus perseguidores e de solucionar as pistas que me leven de volta a casa.

Resolvede os enigmas para atopar a chave !

xoves, 21 de decembro de 2017

Escape room: (A)salteadores de cadros IV

Os teus perseguidores atoparon a forma de (a)saltar o cadro e ti chegaras a crer que tiñas superpoderes. Abres a porta e...
Onde estou agora? Que fago aquí no medio de toda esta xente que vai e vén ? E ese Papá Noel? Claro, está a chegar o Nadal e sigo encerrado neste lenzo. Necesito volver a casa xa. Pero...aí están? Debo esconderme outra vez...

O teu equipo e ti deberedes resolver todas as pistas se queredes chegar celebrar o Nadal en casa


mércores, 29 de novembro de 2017

Escape room: (A)salteadores de cadros II

Descubríronte. Pretenden roubar o cadro para levarche con eles. Tes que fuxir! Ves a porta , ábrela e...
Que é isto? Que fai toda esta xente reunida? Polo menos aquí pasarei desapercibido entre este tumulto e será difícil que me localicen. Festa, isto é unha festa. Están a celebrar o Samaín? Non me podo distraer. Teño que atopar a saída para volver á miña vida real.

Ti e o teu equipo deberedes traballar xuntos para atopar a porta que vos leve á saída


mércores, 25 de outubro de 2017

Escape room: (A)salteadores de cadros I


Estanche a seguir. Oes como se aproximan as pisadas. Ves a mansión baleira. Rompes a xanela. Entras na biblioteca. Agóchaste. Os latexos do teu corazón vante delatar. Ves o cadro e, ironías da vida, o neno está a facer o mesmo ca ti. Cambiaríaste por el. 
Ei... que fago aquí, quen é esa nena, que fago nesta habitación con estas roupas e sen o meu móbilllllllll.”

Ti e o teu equipo deberedes traballar xuntos para atopar a porta que vos leve á saída

luns, 20 de marzo de 2017

PoemARTE

  Afirmaba o venres nos Encontros de BE Antonio García Teijeiro que "a poesía non se ensina, fíltrase", nós imos mesmo un pouco máis aló: a poesía non é un problema que haxa que resolver, nin unha incógnita que haxa que despexar. A poesía é a letra desa canción que aprendes e repites só se che chegou ao corazón, se che emocionou, se a sentiches tanto que é coma se fose túa. E todo isto se falamos dos poemas/cancións doutros. E se conseguísemos que eles/elas se acheguen a este xénero literario tan esquecido e deostado en forma de "poetas en cernes"?
   Pois ben, aquí están estes poemas colectivos escritos tomando como punto de partida eses cadros, cuxo título e autor ignoraban. Foron unhas clases diferentes, sen dúbida, e o resultado final... valórenlo vostedes.


Powered by emaze

luns, 1 de febreiro de 2016

Xincana de ARTROIDO

Si, liches ben. Para celebrar o Entroido que mellor que darche un paseo pola ARTE e máis concretamente pola pintura. Infinidade de cadros de todos os tempos teñen como tema esta festa. Así que a nosa proposta é que atopes o nome dos autores, os títulos e os séculos nos que foron pintados, pero...deixámosvos unhas pistas que, ben comprendidas, axudaranvos a atopalos.
Se estás interesado/-a, pásache pola biblioteca a buscar a táboa para que a cubras.
E xa sabes:

Se as pistas segues no Carnaval

das que ben quixeron engaiolarte

e sabes que a vida non é máis que arte,

le, cavila, acerta; non che ha de ir moi mal.



sábado, 21 de marzo de 2015

P03514 M4T3M4T1CA M3NT3 V15U4L & POEMARTE

"En muchas familias nadie escribe poemas, pero si uno de sus miembros empieza, suele sembrar el contagio." Hoxe celébrase o Día da Poesía e tomando como punto de partida estes versos de Wisława Szymborska , quixemos achegarlle ao alumnado que a poesía non é un problema que haxa que resolver, nin unha incógnita que haxa que despexar. A poesía é "Vivir, eso invisible que les sucede a otros" (J. Cobo Wilkins) E, neste caso, o que lles acontece a eles. Porque a poesía está en todas partes: nas matemáticas, o alumnado de 1º BAC A deixounos estas propostas:


ou na pintura: cada grupo-clase do Centro elixiu un cadro que lle serviu de inspiración para compoñer estes poemas colectivos.

   
 Só nos resta darlles as grazas pola súa colaboración a todo o alumnado e ao profesorado que colaborou con nós.

domingo, 10 de marzo de 2013

O Entroido na arte

Este ano, a Biblioteca veu sumarse á festividade do Entroido, ofrecendo ao alumnado do Centro unha outra visión desta secular e universal celebración. Así, xurdiu O ARTROIDO a modo de pincelada pictórica ao longo dos diferentes séculos, estilos, países e autores que trataron o tema. Deste xeito, e durante o mes de febreiro, puidéronse admirar obras de artistas (Brueghel, Picasso, Miró, Watteau, Laxeiro...), recreacións plásticas de célebres pasaxes literarias (Batalla de don Carnal), máscaras expresionistas, Carnaval de Venecia..... coa intención de abrir, encher e universalizar, a través da arte, a perspectiva do Entroido. Aquí deixámosvos unha pequena mostra do que puidemos ver: