Amosando publicacións coa etiqueta Día das Bibliotecas escolares. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día das Bibliotecas escolares. Amosar todas as publicacións

martes, 24 de outubro de 2023

Día das bibliotecas 2023

  Dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas o 24 de outubro. O lema deste ano, "Tecendo Comunidades", pretende destacar o papel fundamental que desempeñan as bibliotecas na construción de lazos fortes dentro das nosas comunidades.

 
 Unha biblioteca non é só un edificio cheo de libros: son corazóns palpitantes dentro das nosas comunidades, son espazos de encontro e diálogo. O Día das Bibliotecas pon en valor o traballo que realizan todas as bibliotecas españolas, de todas as tipoloxías (públicas, escolares, universitarias, especializadas e nacionais/rexionais), para conectar aos seus usuarios, crear redes de apoio e colaboración, fomentar a participación e o diálogo cidadán, facer accesible a cultura e o coñecemento a toda a poboación, independentemente da súa idade, xénero, raza ou lugar de residencia.


E como vén sendo habitual,  o equipo da biblioteca aproveita esta efeméride para entregar  un agasallo aos seus mellores lectores: Parabéns!


Benvidos/-as a un novo curso¡


martes, 25 de outubro de 2022

Día das Bibliotecas


 Dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas o 24 de outubro. A edición deste ano, baixo o lema “BiblioTEcuida”, céntrase en destacar "o papel das bibliotecas de diferente tipoloxía como espazos libres e abertos que, a través dos seus diversos servizos e recursos, preocúpanse por atender as necesidades dos seus usuarios. As bibliotecas están abertas a toda a cidadanía e son un piar fundamental ao servizo das comunidades ás que pertencen."



E como vén sendo habitual,  o equipo da biblioteca aproveita esta efeméride para entregar  un agasallo aos seus mellores lectores, nesta ocasión LECTORAS. Parabéns a todas!



Benvidos/-as a este novo curso!

sábado, 30 de outubro de 2021

Xincana

O día 24 de outubro se celebra o Día das Bibliotecas. Este ano o lema elexido é "Bibliotecas: leer, aprender, descubrir". Para celebralo propoñémosvos que participedes nesta xincana. 
 Tomamos como punto de partida o vinilo que decora, desde este curso, o mostrador da vosa biblioteca, obra da artista Sofía Próper. Quizais non vos fixastes nel como se merece. De aquí o noso xogo: tedes que pescudar o título do libro e o seu autor/-a de cada obra que aparece representada, é dicir, 16 títulos cos seus autores/- as. 
 A participación será individual, pero podes pedir axuda á túa familia ou amigos para descubrilos todos. Os tres primeiros participantes que desvelen todos os libros serán recompensados. Iso si, lembra mandarnos as respostas ao correo da biblio - portanona@iesxoanmontes.gal- antes de que finalice o día 1de novembro.

Aquí están as nosas flamantes gañadoras dúas alumnas de 1º de ESO. Noraboa rapazas!

luns, 25 de outubro de 2021

Día das bibliotecas

 

Como xa sabedes, todos os 24 de outubro celébrase o día das bibliotecas. A edición deste ano, baixo o lema "Bibliotecas: ver, aprender, descubrir", céntrase en destacar o papel das bibliotecas de diferente tipoloxía como espazos libres, diversos e abertos para o acceso á cultura e o coñecemento. E, como todos os cursos, aproveitamos este día para agasallar aos nosos tres mellores lectores/as do curso pasado, que descubriron, vaia se descubriron, moitos libros e moitas lecturas. 
Noraboa a Fany, Lúa e Saúl¡

sábado, 24 de outubro de 2020

Día das bibliotecas

     O 24 de outubro e por iniciativa da Asociación Española de Amigos do Libro Infantil, celébrase o Día das Bibliotecas como homenaxe e recoñecemento ao labor que desempeñan os bibliotecarios. Esta iniciativa naceu co fin de concienciar á nosa sociedade da importancia da lectura, especialmente entre os rapaces e rapazas e para agradecer e potenciar o extraordinario labor dos bibliotecarios e bibliotecarias.

 A edición deste ano, baixo o lema 'Bibliotecas, sempre ao teu lado' céntrase en destacar o importante papel que xogan as bibliotecas ofrecendo acceso á cultura, ao coñecemento e ao entretemento en calquera lugar e circunstancia. 

E son precisamente as circunstancias tan difíciles que estamos a vivir que nos impiden celebrar este día como outros anos. As actividades colectivas presenciais son imposibles, pero hai moitos servizos que podemos seguir ofrecendo.

En todo caso, aquí tedes uns vídeos que fixeron algúns rapaces e rpazas  de 2º de BAC do curso pasado, moi vencellados a todas as actividades que lles propoñíamos como esta: Imaxina como sería a BE despois da pandemia. Grazas, outra vez, pola vosa colaboración!

venres, 25 de outubro de 2019

    O 24 de outubro celébrase en España, como cada ano, o Día da Biblioteca. Unha iniciativa da Asociación Española de Amigos do Libro infantil e Xuvenil que tivo a súa orixe no ano 1997.

    Desde entón, Amigos do Libro esforzouse en dar a coñecer e recoñecer o labor das bibliotecas, os seus servizos, os seus recursos profesionais e agradecer e recoñecer o labor dos bibliotecarios e as bibliotecarias.
A actual edición céntrase en destacar o labor das bibliotecas na promoción da igualdade de xénero.

Este foi o cartel co que a alumna Bea Penas, de 2º,  agasallounos para conmemorar esta efeméride.

Imaxe do cartel anunciador

E nós aproveitamos esta data para premiar aos nosos SUPERLECTORES /-AS do curso pasado: Iago e Uxía, de 1º da ESO, leron respectivamente 37 e 36 libros, e Belén, de 3º, 28. NORABOA!

Imaxe dos Siperlectores/-as

venres, 26 de outubro de 2018

Construción, Instrución, Destrución


   





  As bibliotecas teñen vida propia, como un ser vivo: nacen, medran e por desgracia, morren. Así pois, o seu periplo vital pode ser explicado co verbo struo, que en latín significa tramar e maquinar, pero sobre todo construír e reunir ordenadamente. As bibliotecas foron construídas e destruídas por igual a través dos séculos. Quizais porque a súa única intención era a instrución das mentes e as almas, sen afán de lucro nin loitas de poder. CONSTRUCIÓN, INSTRUCIÓN, DESTRUCIÓN.
As bibliotecas no punto de mira sempre.






xoves, 25 de outubro de 2018

CURIOSAS BIBLIOTECAS

mércores, 24 de outubro de 2018

Día das Bibliotecas

   Como cada 24 de outubro, hoxe celebramos o Día das Bibliotecas e nós sumámonos a esta conmemoración da mellor maneira que sabemos: dando as grazas a todos os nosos usuarios/-as  e entregando os agasallos as nosos SUPERLECTORAS do curso 2017/18. NORABOA, rapazas!

luns, 24 de outubro de 2016

BiblioTICarte

Co gallo do Día da Biblioteca e sumándonos ao lema que preside este curso ás BIBEs galegas:

queremos convidarvos a celebralo participando nesta xincana, cuxo obxectivo consiste en atopar, no menor tempo posible, os nomes dos autores, os títulos dos cadros e os séculos nos que foron pintados este cadros, que teñen a lectura como tema común.
Se queres participar, recolle na biblioteca a ficha de respostas. Pero... darvos présa porque só tedes até o venres.

Powered by emaze
Asemade, e como ven sendo habitual neste últimos cursos, entregamos os premios aos nosos SUPERLEÓNS do curso pasado: Niulka, Alberto e Brais,todos de 1º da ESO.


Noraboa¡
Xa coñecemos ás gañadoras do concurso Biblioticarte: Carmen e Alejandra, de 3º da ESO. Parabens, rapazas!
 



Feliz Día das Bibliotecas¡

sábado, 24 de outubro de 2015

Día das bibliotecas

       Co gallo da celebración desta efeméride e como ven sendo habitual nestes últimos anos, entregamos os premios aos nosos SUPERLEÓNS. Durante o curso 2014/15 foron estas tres rapazas as mellores lectoras: Ana (2º ESO), Margarita (4º ESO) e Alba (1º ESO).


Noraboa ás tres e desexamos que continuedes así!

Asemade, aquí deixamos a relación dos dez libros  máis lidos durante o curso pasado.


xoves, 22 de outubro de 2015

Día das Bibliotecas

Desde o Observatorio da Lectura e o Libro proponnos celebrar o Día da Biblioteca con #vivalabiblio, unha campaña en Twitter que estará activa do 19 ao 25 de outubro e na que, entre todos, realizaremos unha pequena homenaxe a estas institucións tan especiais e a quen as fan posibles. A continuación explicámosche como:


sábado, 25 de outubro de 2014

Superlectores

   Por primeiro ano queremos, dende a Biblioteca, facer unha homenaxe aos lectores que frecuentan este espazo. Para isto, entregámoslles uns pequenos agasallos e un diploma aos tres mellores "leóns" do curso pasado: Leticia e Margarita de 3º da ESO e Roberto, de 1º da ESO. Enhoraboa!

 

venres, 24 de outubro de 2014

Día das Bibliotecas

Cada 24 de outubro celébrase en España o Día da Biblioteca, unha conmemoración  que se instaurou en 1997 para lembrar a destrución da biblioteca de Saraievo, incendiada cinco anos antes durante a guerra dos Balcáns.
Nós sumámonos á celebración á nosa maneira: 
  • O alumnado de 2º B da ESO amósannos como é a nosa biblioteca:


  • BB, o noso avatar, explica como atopar un documento:


  • A partir do relato curto, escrito por Adrián -4º A-, Alba regalounos este monólogo, non exento de humor e de certa crítica.

 

  • E a realidade regálanos, ás veces, historias nas que as bibliotecas e os libros poden axudar a cambiar o mundo:



 Este ano adícaselle ás Matemáticas este día. Eiquí tedes unha escolma dos libros que podedes atopar na biblioteca e unha selección de películas sobre este mismo tema.
Sigue el tablero Matemática mente de Asestantigas en Pinterest.

E Feliz Día das Bibliotecas a todos/-as persoas que fan posible que cada día estemos ahí¡