Amosando publicacións coa etiqueta Samaín. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Samaín. Amosar todas as publicacións

mércores, 25 de outubro de 2023

Relatos de terror

Se estás interesado/-a en participar, só tes que continuar un destes relatos .
Podes entregalo na biblio ou ben mandalo a nosa dirección de correo: portanona@iesxoanmontes.gal A data límite será o día 10 de novembro. Haberá 3 arrepiantes premios¡ 

 Xa temos os tres relatos gañadores:

  Parabéns a Lucía, Jimena e Martina!

xoves, 29 de outubro de 2020

Pásao de medo!

Este curso toca celebrar un Samaín moi diferente, non como noutros cursos:

   
 pero nada nos pode impedir que o fagamos doutro xeito, porque para iso está tamén internet. Así que aquí os facemos chegar outras propostas para que pasedes medo, de aí o noso lema. A primeira:

A segunda é unha escolma de libros- que tedes na biblio - cun tema común:o medo, recomendados- se tedes valor- para unha lectura en soidade, en silencio, pola noite...

 

venres, 1 de novembro de 2019

Fíncalle o dente!

Este foi o lema escolllido para celebrar o Samaín.


Para achegar ao alumnado ao xénero de terror e misterio, moito misterio porque un andel no medio da biblioteca cos libros dados a volta, teas de araña e unha ambientación moi tenebrosa e unhas instrucións que era preciso cumprir, foi o reclamo. O resto xa foi cousa de cada un deles. Como sempre por estas datas, o éxito estivo asegurado.
Pasen, se se atreven e vexan.



martes, 31 de outubro de 2017

Especial Samaín

Aquí tendes unha pequena selección de curtas para que pasedes un día terrorífico:













Para celebrar este día, a NASA fixo unha compilación de "sonidos" que fan os planetas. Escoita:



Agora pon a proba o teu coñecemento das películas de terror clásicas do cine. A continuación móstranse 12 iconas centrais para 12 dos grandes de todos os tempos. Sabes en que películas atópanse estas?

mércores, 2 de novembro de 2016

O andel sanguento

... ou o que sucede cando te atopas no medio da biblioteca un andel terrorífico e de difícil acceso.
Mirade, mirade!!!

sábado, 31 de outubro de 2015

Buscade, buscade, malditos!

Como xa vos anunciabamos, o xoves celebramos a nosa XINCANA MÁIS TERRORÍFICA na procura de títulos de películas de terror. O número de participantes foi tan numeroso que moitos non puideron participar. Un éxito total¡ Grazas a todas/-os polo voso esforzo e, en breve, coñeceredes aos gañadores.