Dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas o 24 de outubro. O lema deste ano, "Tecendo Comunidades", pretende destacar o papel fundamental que desempeñan as bibliotecas na construción de lazos fortes dentro das nosas comunidades.
Unha biblioteca non é só un edificio cheo de libros: son corazóns palpitantes dentro das nosas comunidades, son espazos de encontro e diálogo. O Día das Bibliotecas pon en valor o traballo que realizan todas as bibliotecas españolas, de todas as tipoloxías (públicas, escolares, universitarias, especializadas e nacionais/rexionais), para conectar aos seus usuarios, crear redes de apoio e colaboración, fomentar a participación e o diálogo cidadán, facer accesible a cultura e o coñecemento a toda a poboación, independentemente da súa idade, xénero, raza ou lugar de residencia.
E como vén sendo habitual, o equipo da biblioteca aproveita esta efeméride para entregar un agasallo aos seus mellores lectores: Parabéns!
Benvidos/-as a un novo curso¡
Ningún comentario:
Publicar un comentario