martes, 30 de decembro de 2014

FELIZ 2015

Como adoita ser habitual, a última semana do ano periódicos, revistas, televisións, blogs,... adoitan facer unha recompilación das mellores imaxes, os mellores discos, os mellores libros, os acontecementos políticos máis transcendentais, etc, etc.
A miña proposta é diferente pois aquí déixovos un vídeo no que 17 docentes explican que cambiarían do sistema educativo actual. E ti, que cambiarías?
Feliz ano!

sábado, 20 de decembro de 2014

Bo Nadal!

O equipo da  Biblioteca deséxavos unhas merecidas vacacións e  unhas felices ... lecturas.


mércores, 26 de novembro de 2014

Día contra a violencia de xénero

Os días previos foron de moita adicación: o alumnado de BAC xunto coa súa profesora de Educación Física Inmma prepararon esta performance para realizala durante o recreo do día 25 e así sorprender a toda a Comunidade educativa.
Ao final, só quedaron esos 44 pares de zapatillas que simbolizan ás mulleres mortas este ano a causa desta lacra social que parece non querer abandonarnos. 


Nós puxemos o noso grao de area para que toda a rapazada tome conciencia do que está a suceder non só aquí, senón en todo o mundo.
Grazas a todos pola vosa colaboración e rapaces tomade boa nota!


domingo, 23 de novembro de 2014

E a música...

...conectou ao alumnado, co gallo do día de Santa Cecilia. Alí, no vestíbulo coa presenza sempre do músico Xoán Montes, as rapazar es rapaces da ESO  sorprenderon a todos cos seus instrumentos preferidos e as notas musicais encheron ese inmenso espazo. Grazas ao Departamento de Música e a ese músicos/-as que fixeron as delicias de todos.

mércores, 19 de novembro de 2014

Concurso de Relatos de Terror

Por segundo ano, dende a biblioteca convocou a II Concurso de Relatos de Terror. A participación foi moito. As nosas deliberacións longas, pero xa temos gañadoras:
Sara e Eva

ENHORABOA¡
Eiquí podedes ler  os relatos gañadores e os relatos finalistas. E grazas a todos pola vosa participación.


martes, 4 de novembro de 2014

De premios

    Onte recibimos unha  nova moi agradable: o noso instituto foi premiado no Concurso de Traballos por Proxectos coordinados pola Biblioteca Escolar, polo traballo de investigación Mulleres con valor, que    o alumnado de 1º da ESO fixo o curso pasado.

A resolución deste concurso recolle  os 16 proxectos premiados de temática  moi variada.
    Parabéns  a todos os premiados e, moi especialmente, a estas rapazas e rapaces que puxeron tanto entusiasmo nel, e  a súa profesora, Anxos Vidal.
NORABOA!

domingo, 2 de novembro de 2014

sábado, 25 de outubro de 2014

Superlectores

   Por primeiro ano queremos, dende a Biblioteca, facer unha homenaxe aos lectores que frecuentan este espazo. Para isto, entregámoslles uns pequenos agasallos e un diploma aos tres mellores "leóns" do curso pasado: Leticia e Margarita de 3º da ESO e Roberto, de 1º da ESO. Enhoraboa!

 

venres, 24 de outubro de 2014

Día das Bibliotecas

Cada 24 de outubro celébrase en España o Día da Biblioteca, unha conmemoración  que se instaurou en 1997 para lembrar a destrución da biblioteca de Saraievo, incendiada cinco anos antes durante a guerra dos Balcáns.
Nós sumámonos á celebración á nosa maneira: 
  • O alumnado de 2º B da ESO amósannos como é a nosa biblioteca:


  • BB, o noso avatar, explica como atopar un documento:


  • A partir do relato curto, escrito por Adrián -4º A-, Alba regalounos este monólogo, non exento de humor e de certa crítica.

 

  • E a realidade regálanos, ás veces, historias nas que as bibliotecas e os libros poden axudar a cambiar o mundo:



 Este ano adícaselle ás Matemáticas este día. Eiquí tedes unha escolma dos libros que podedes atopar na biblioteca e unha selección de películas sobre este mismo tema.
Sigue el tablero Matemática mente de Asestantigas en Pinterest.

E Feliz Día das Bibliotecas a todos/-as persoas que fan posible que cada día estemos ahí¡

mércores, 17 de setembro de 2014

Un novo curso

Xa estamos de volta. Estamos a piques de abrir a nosa porta, desexando xa veros ocupar este espazo baleiro, deambulando polos corredores na procura dese libro que leva meses esperando para ser lido, esperando que as actividades que vos temos preparadas vos gusten e escoitando as vosas suxestións para este curso que agora comeza, aínda que non para todos os rapaces do mesmo xeito. 

domingo, 22 de xuño de 2014

Hora de ler 3

Estes son os resultados da 3ª avaliación, que foi moi corta. Lembrade que podedes levar libros para ler no verán.



domingo, 1 de xuño de 2014

Os camiños esquencidos, crónica

O luns pola tarde os de 4º fomos a unha homenaxe ofrecido polo centro educativo Poeta Díaz Castro de Guitiriz, celebrado no IES Lucus Augusti.
Ao chegar alí, cara as catro e cuarto, accedemos á entrada onde había un "photocall".
Despois subimos ao salón de actos e esperamos a que chegasen o alumnado doutros centros: Ánxel Fole, Leiras Pulpeiro, Muralla Romana,...
Sentados todos no sitio que tíñamos reservado, apáganse as luces e amosan o videopoema feito polo nós.



Ao finalizar, saíron os presentadores a escea quen, en ton humorístico, nos aportaron diversos datos sobre o poeta, o seu Centro e sobre as actividades que realizaron durante este curso. Tamén saíu a directora, quen agredeceu o interese de todos os que ficeron posible ese proxecto.

Despois, algúns alumnos da capital lucense recitaron poemas de Nimbos e, outro alumnos guitiricenses explicáronnos outros dos seus proxectos, como son dous roteiros pola súa vila ou o deseño dunha nova páxina web.

Acto seguido, puidemos ver unha curta, tamén realizada por eles, na que un amigo de Díaz Castro con alzheimer recorda algúns dos seus momentos co autor, como se el fose o poeta.


Unha película amena, de grande calidade coa que "sen querer" aprendemos da súa vida e da súa época.

Para rematar, a directora da película, Cristina de la Torre, e catro dos seus actores ofrecéronnos un número de teléfono para enviarlles dúbidas. A sesión rematou cunha canción.
En fin, foron dúas horas divertidas onde aprendimos moito: unha tarde 10!

 
Por Lucía Fernández, alumna de 4º de ESO

sábado, 17 de maio de 2014

Olladas letradas





Para conmemorar o Día das Letras galegas, creamos este  xogo no que, a partires destas  imaxes e destas pistas, terás que identificar a estes corenta escritores dos que só podes ver os seus ollos.




Nós xa comezamos




e ti, atréveste?

Podes deixar as túas respostas na caixa de comentarios. Sorte¡

mércores, 30 de abril de 2014

Hora de ler

Estatística dos libros lidos polo alumnado que participa na Hora de ler, da segunda avaliación.

Día do libro

Este ano continuamos enchendo a nosa gran estantería coas aportacións que fixo alumnado e o profesorado que se incorporou ao noso Centro. Todavía quedan ocos por encher, mais xa vai tomando corpo.



Por outra banda, fixemos un concurso literario baixo o lema "Se os libros falasen..." 
A participación foi moi boa e o xurado elixiu o relato do alumno Adrián Novo, alumno de 4º da ESO, pois soubo reflectir con moito humor e ironía, a vida dun libro nunha biblioteca escolar. O noso agradecemento a todos os participantes e os nosos parabéns ao gañador.

sábado, 29 de marzo de 2014

Microteatro

Para celebrar o Día do Teatro, o grupo de actores e actrices que o conforman- Mariña, Silvia, Sara , Natali, Lidia, Lucía, Uxía, Soukaina, Fadi e Abraham- dirixidos por Alba,  ofrecéronnos a representación de catro pequenas pezas teatrais tendo como escenario catro espazos diferentes da nosa biblioteca. 
O espectáculo responde ao denominado "microteatro", é dicir, de duración curta, cun espazo reducido,cun número reducido de espectadores e moita cercanía entre actores e público.
Aquí deixamos unha breve mostra do alí acontecido, porque o teatro, como significa o seu nome, é "para ver", pero ver en vivo e en directo. E se quedastes con ganas de velos, achegádevos o mércores, previa recollida de entradas, pola biblioteca, porque o espectáculo continúa.

sábado, 22 de marzo de 2014

Pegadas poéticas

Onte pola Portanona da nosa muralla sopraron ventos. Os "ventos fuxidos" entraron polas portas e xanelas as palabras, os versos que conformaron ese "Nimbos" aos que cantou Xosé Mª Díaz Castro ou ese "Negra sombra" rosaliana. Alagaron teitos, portas, ceos e deixaron pegadas, pegadas poéticas as dos poetas e as nosas. Porque a poesía, ai¡ , a poesía non é unha incógnita que hai que despexar, nin un problema que hai que resolver. A poesía necesita saír dos libros, que a reciten, que a lembren cada día, porque ten corpo, voz, emocións... e alma.
Sirva o noso pequeno xesto como homenaxe aos poetas e a súa poesía.
Grazas a todos pola vosa colaboración¡

xoves, 6 de marzo de 2014

Mulleres con valor

Outra vez estamos a celebrar este día 8 de marzo coa ilusoria pretensión de recordarlle á xente que as mulleres tamén formamos parte dese grupo económico que denominamos produtores, como se nosoutras non levásemos uns 200.000 anos (50.000 arriba ou abaixo) co lombo partido en aras do desenvolvemento da humanidade.

E nestas estabamos no IES Xoán Montes, cando ao Equipo da Biblioteca se nos ocorreu investigar se se lles daba ás mulleres o suficiente valor nos países europeos do século XX como para destacar as súas figuras nos billetes de curso legal.

Así foi como nos puxemos a traballar co alumnado de 1º da ESO este proxecto documental, referido a aquelas mulleres que aparecían nos billetes de países europeos nos último corenta anos antes da entrada na UE.
Nun principio chamounos a atención a desproporción estatística entre o número de personaxes masculinos que atopabamos e os femininos. A desigualdade neste espacio mesmo supera o da vida cotiá. Sen ter en conta ás raíñas, resulta inconcebible que mulleres tan importantes como houbo en ámbitos destacados de todas as artes e as ciencias no fosen nunca recoñecidas polos seus lugares de orixe, e que, por riba, se pretendese realzar en moitas ocasións figuras de mulleres prototipos, as esposas de, as obreiras exemplares, os modelos de beleza…sempre sen un nome, sen identidade.

Queda claro que os estados seguen a ser patriarcais e masculinizantes, que a muller vese na obriga de acumular maiores méritos que o home para alcanzar as mesmas cotas e que eses grandes talentos que queremos celebrar con este traballo triunfaron a pesares da súa condición feminina, tras una tenaz resistencia, en cada caso, ao rol que se lles quería impoñer dende tempos ancestrais.

Vaia aquí a nosa homenaxe tamén a todas esas mulleres que faltan, as pouco coñecidas pioneiras que romperon moldes e que sempre servirán de referencia ás novas xeneracións.



Ademais, creamos un xogo para poñer en práctica o aprendido  con esta actividade. Preme nesta imaxe:

http://www.cerebriti.com/juegos-de-historia/mulleres-con-valor#.UxjGgs6mIoo

domingo, 16 de febreiro de 2014

CaligrAMAR

E chegou o 14 do 14... 



e así, deste xeito tan creativo, interpretaron o poema de J. Gelman, Fábricas de amor:


xoves, 16 de xaneiro de 2014

Hora de ler

Aínda que case a mediados do  curso pasado empezouse a dedicar 15 minutos diarios de lectura individual e silenciosa, é durante este curso escolar cando este proxecto comezou xa desde o mes de outubro. O alumnado elixe libremente a lectura que vai facer de entre as que hai á súa disposición na biblioteca do Centro. 15 minutos para que se adquira ou se afiance o hábito lector,  15 minutos de lectura por pracer, 15 minutos para gozar e imaxinar...

Imaxe vía Flickr