sábado, 30 de outubro de 2021

Xincana

O día 24 de outubro se celebra o Día das Bibliotecas. Este ano o lema elexido é "Bibliotecas: leer, aprender, descubrir". Para celebralo propoñémosvos que participedes nesta xincana. 
 Tomamos como punto de partida o vinilo que decora, desde este curso, o mostrador da vosa biblioteca, obra da artista Sofía Próper. Quizais non vos fixastes nel como se merece. De aquí o noso xogo: tedes que pescudar o título do libro e o seu autor/-a de cada obra que aparece representada, é dicir, 16 títulos cos seus autores/- as. 
 A participación será individual, pero podes pedir axuda á túa familia ou amigos para descubrilos todos. Os tres primeiros participantes que desvelen todos os libros serán recompensados. Iso si, lembra mandarnos as respostas ao correo da biblio - portanona@iesxoanmontes.gal- antes de que finalice o día 1de novembro.

Aquí están as nosas flamantes gañadoras dúas alumnas de 1º de ESO. Noraboa rapazas!

luns, 25 de outubro de 2021

Día das bibliotecas

 

Como xa sabedes, todos os 24 de outubro celébrase o día das bibliotecas. A edición deste ano, baixo o lema "Bibliotecas: ver, aprender, descubrir", céntrase en destacar o papel das bibliotecas de diferente tipoloxía como espazos libres, diversos e abertos para o acceso á cultura e o coñecemento. E, como todos os cursos, aproveitamos este día para agasallar aos nosos tres mellores lectores/as do curso pasado, que descubriron, vaia se descubriron, moitos libros e moitas lecturas. 
Noraboa a Fany, Lúa e Saúl¡

venres, 1 de outubro de 2021

Benvidos/-as¡

"Unha porta é o preludio do que espera dentro dun edificio. Unha porta é un prólogo e un comezo, o principio dun camiño ou o arranque dunha vida (...)" Umbrales, de Óscar Martínez.
Pasen e lean!