xoves, 29 de outubro de 2020
Pásao de medo!
mércores, 28 de outubro de 2020
De premios
Como todos os anos, aproveitamos o Día das Bibliotecas para entregar o premio ao mellor lector/-a do curso pasado. Pois ben, este ano e polas circunstancias de todos coñecidas houbo moitos premios que entregar. Á Superlectora, Emilia (2º ESO), ás gañadoras dos concursos que organizamos durante o confinamento: A lectura na vida, Kelly (3º ESO) e Olladas letradas e enmascaradas, Marta (3ºESO).
E, por último, da nosa Liga de lectores/as extraordinarios/-as, a gañadora foi Sofía de 1º de BAC, con esta proposta marabillosa.
sábado, 24 de outubro de 2020
Día das bibliotecas
A edición deste ano, baixo o lema 'Bibliotecas, sempre ao teu lado' céntrase en destacar o importante papel que xogan as bibliotecas ofrecendo acceso á cultura, ao coñecemento e ao entretemento en calquera lugar e circunstancia.
E son precisamente as circunstancias tan difíciles que estamos a vivir que nos impiden celebrar este día como outros anos. As actividades colectivas presenciais son imposibles, pero hai moitos servizos que podemos seguir ofrecendo.
En todo caso, aquí tedes uns vídeos que fixeron algúns rapaces e rpazas de 2º de BAC do curso pasado, moi vencellados a todas as actividades que lles propoñíamos como esta: Imaxina como sería a BE despois da pandemia. Grazas, outra vez, pola vosa colaboración!
luns, 19 de outubro de 2020
11 escritoras LIX premiadas
O Premio Nacional de literatura infantil e xuvenil é un dos Premios Nacionais de Literatura de España que se convoca desde 1978 e que outorga o Ministerio de Cultura para distinguir unha obra de autor español, escrita en calquera das linguas oficiais do Estado e editada en España durante o ano anterior á concesión do premio.
Pois ben, que mellor maneira que conmemorar este día coñecendo un pouco a estas 11 escritoras -só 11 en todos estes anos- agasalladas con este premio?