domingo, 24 de novembro de 2019

VI Concurso de Traballos por Proxectos

O noso Centro ven de ser dobremente premiado neste concurso que busca estimular, mediante o recoñecemento de boas prácticas, o deseño e desenvolvemento de proxectos de carácter interdisciplinario ou de proxectos de investigación, baixo a coordinación da biblioteca ou co apoio desta, na liña da metodoloxía de aprendizaxe baseada en proxectos (ABP).

       Grazas ao alumnado do segundo ciclo da ESO na materia de Cultura Clásica:

O Xardín das Hespérides
e ao de 1º de Bac, na materia de Historia do Mundo Contemporáneo:

(A)rrouparte

 e ao labor do profesorado que os dirixiu Mª América García e Anxos Vidal e Paula Fernández, isto foi posible. Noraboa a todas e todos!

venres, 1 de novembro de 2019

Fíncalle o dente!

Este foi o lema escolllido para celebrar o Samaín.


Para achegar ao alumnado ao xénero de terror e misterio, moito misterio porque un andel no medio da biblioteca cos libros dados a volta, teas de araña e unha ambientación moi tenebrosa e unhas instrucións que era preciso cumprir, foi o reclamo. O resto xa foi cousa de cada un deles. Como sempre por estas datas, o éxito estivo asegurado.
Pasen, se se atreven e vexan.