E se por un momento convertésemosnos en libros,,, Realmente sabemos cal é o proceso desde que alguén decide plasmar os seus pensamentos, emocións ou ficcións ata que chega ás nosas mans; coñecemos cantas persoas traballan ao redor dun libro: autores, editores, impresores, distribuidores, libreiros e bibliotecarios?
Para celebrar o Día das librarías, chegounos de
TRAMA esta proposta: unha viaxe ao interior da libraría para que o alumnado de primeiro da ESO coñecese de primeira man que sucede cos libros desde que chegan ao seu establecemento ata que se venden.
Previamente, aproveitamos para explicarlles a Historia do libro e o proceso de fabricación dun libro ata que chega ás librarías.
O día acordado fómonos de "excursión" unha excursión estraña, porque foi gratis e moi sa non só para o corpo senón tamén para a mente. Que ocorreu ? Documentámolo todo aquí:
A viaxe encantoulles : aprenderon , andaron polos espazos que están vedados e tiveron a honra de coñecer a un autor que escribe libros para nenos, José
Campanari, quen lles contou
E nós que podemos facer? Levar aos rapaces ás librerías , ás bibliotecas e
DEIXALOS LER!