martes, 23 de abril de 2024

"Knolling" literario ou outra forma de expresar as túas lecturas

Para celebrar o Día do libro, este curso lle propuxemos á rapazada un concurso no que tiñan que producir un "Knolling",é dicir,unha sinopse visual que reflectise o argumento dun libro que lesen. Aquí tedes unha selección: non están todos os que son.... Grazas pola vosa participación e en breve coñeceredes aos gañadores! Témolo moi difícil...

martes, 16 de abril de 2024

venres, 8 de marzo de 2024

Nadas con estrela

A próxima vez que saias a gozar dunha noite despexada, pecha os ollos e dálles tempo a que se adapten á escuridade. Mira cara arriba e observa como aparecen miles de estrelas. Polo mero feito de contemplar o ceo e fixarche no brillo ou quizá na posición dunha estrela, unirasche a unha lista incriblemente larga de seres humanos que fixeron o mesmo a través de todos os tempos. Pero non todos se limitaron a mirar, algunhas trataron e tratan de buscar respostas, como esta breve selección de mulleres que representan o pasado, o presente e o futuro da astrofísica. Sirva isto de pequena homenaxe a todas elas.

martes, 27 de febreiro de 2024

Certame de "tapas"

 


Aquí deixámosvos a selección de "tapas" para esta semana.

         Acordádevos de que cada martes cambiamos o "menú" . 

    Animádevos a convertervos nos mellores "chefdetectives" do mundo¡

mércores, 14 de febreiro de 2024

De amor e Entroido

 Ti es máis do amor a primeira liña ou dunha cita a cegas cun...Libro? Estes foron os lemas para celebrar o Día de San Valentín, que sempre crea moita expectación entre a rapazada. 



Cremos que as súas expectativas foron colmadas a xulgar pola boa acollida que tivo durante toda a semana. Ademais, este ano coincidiu co Entroido, e pola biblioteca dexaironse ver algúns personaxes literarios.