A piques xa de rematar o este curso, no que a Ciencia estivo tan presente, que mellor maneira, para pechalo círculo, que facelo relacionando dúas disciplinas: A ARTE e as MATEMÄTCAS. Para isto, e aproveitando que hoxe é o Día escolar das Matemáticas, toda a comunicade educativa pode visitar esta exposición.
O percorrido iníciase cos números π (pi) e Φ (fi) (chamado así por Fidias o gran escultor grego), está presente na arquitectura da antigüidade, desde Exipto e Grecia, á arquitectura preincaica, na da Idade Media, en forma de pentágono pitagórico, e na arte do Renacemento, Barroco… século XX. Realmente, a Divina Proporción, como a denominou no século XV Luca Pacioli, pódese observar en practicamente tódolas obras artísticas sexan arquitectónicas, escultóricas ou pictóricas da historia da Arte. Podémola ver tamén no deseño de logotipos e mesmo nas tarxetas de crédito ou no DNI.
Relacionado co número áureo está a sucesión de Fibonacci. Esta foi descuberta por Leonardo de Pisa no século XIII e forma parte de practicamente en tódalas cousas do universo, aparece na natureza , na arte, no deseño, …, en moitas ocasións en forma de espiral.
A xeometría na arte podemos observala nas teselacións ou mosaicos, tanto islámicos como os de M.C. Escher. Este, gran admirador da decoración islámica, decide realizar as súas propias teselacións e mundos imaxinarios a partir delas.
Outro aspecto fundamental na arte é o que os gregos denominaban rhythmós, é dicir, a proporción e o canon. Para ilustralo podemos observar O Doríforo de Polícleto (século V a.C.) e o Modulor de Le Corbusier (que toma como base o número áureo!).
Finalmente, na exposición pódese observar cómo as curvas, as rectas, conforman toda creación artística, en calquera tempo e lugar, así como unhas imaxes con citas de célebres matemáticos/-as, realizadas polo alumnado de 1º A BAC.
Aquí deixámosvos unha pequena mostra do que se pode ver. Que a disfrutedes|