Ás veces adoitamos asociar o Día do libro coa literatura de ficción e esquécellenos que hai outro tipo de literatura, a científica, da que, nestes tempos que non está a tocar vivir, estamos tan necesitados.
Este curso queremos visibilizar este tipo de libros de divulgación científica, que tamén ocupan os nosos andeis , libros que , non sabemos ben por que motivo, atraen a moi poucos lectores. Para isto, no vestíbulo pode verse ese ADN construido con 174 cubertas de libros de todas as ciencias puras ou aplicadas.
Sirva iso como pequena homenaxe a todos eses homes e mulleres que levan a cabo o seu traballo en condicións tan precarias e aos /as que debemos tanto.
Asemade, e coa colaboración das profes de Cultura científica (Belén) e de TIC (Marta), propúxoselles ao seu alumnado que lese algún destes libros e que realizase un booktráiler para promocionar a súa lectura.
E estes son os finalistas para optar ao premio:
Moitas grazas pola vosa colaboración!