venres, 17 de novembro de 2023

Gran xincana científica

Desde a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, vense impulsando a celebración anual do mes de novembro como o MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS. por este motivo, o equipo da biblioteca elaborou esta xincana científica na que poden participar todo o alumando dos tres primeiros cursos da ESO. Tedes que contestar correctamente a todas as preguntas. Gañarán as tres persoas que o fagan ben e no menor tempo posible. Manda as túas respostas ao correo da biblio. Ánimo!