martes, 27 de decembro de 2022
venres, 23 de decembro de 2022
Bo Nadal¡
Estamos de vacacións¡
El Sueño de los Reyes Magos. Misal de Salzburgo. |
Vémonos de novo o día 9 de xaneiro, cando ás súas maxestades tóquelles descansar.
martes, 22 de novembro de 2022
De premios
mércores, 2 de novembro de 2022
sábado, 29 de outubro de 2022
"As letras" , por Juan Mayorga
Discurso de Juan Mayorga, titulado 'As letras', na cerimonia de entrega dos Premios Princesa de Asturias 2022 no Teatro Campoamor de Oviedo.
martes, 25 de outubro de 2022
Día das Bibliotecas
Dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas o 24 de outubro. A edición deste ano, baixo o lema “BiblioTEcuida”, céntrase en destacar "o papel das bibliotecas de diferente tipoloxía como espazos libres e abertos que, a través dos seus diversos servizos e recursos, preocúpanse por atender as necesidades dos seus usuarios. As bibliotecas están abertas a toda a cidadanía e son un piar fundamental ao servizo das comunidades ás que pertencen."
E como vén sendo habitual, o equipo da biblioteca aproveita esta efeméride para entregar un agasallo aos seus mellores lectores, nesta ocasión LECTORAS. Parabéns a todas!
Benvidos/-as a este novo curso!
luns, 24 de outubro de 2022
venres, 24 de xuño de 2022
luns, 20 de xuño de 2022
FORMU -LAND- 22
Si hai algo que todo o profesorado ten claro é que os espectáculos de masas e os seus heroes atraen ao noso alumnado como a luz ás polillas: a percura da fama, a admiración cara os deportistas, os seus logros, lesións, vida privada, ganancias… son comentados e convértense en trending topics.
Porén, a admiración cara os heroes, as súas fazañas deportivas, non son novidosas. Ao longo da historia as xestas deportivas foron cantadas en poemas, fundidas en bronces, representadas en mosaicos e pinturas. Tomemos como exemplo a Antiga Roma. As carreiras no circo e todo o espectáculo arredor (comida, publicidade, merchandising), os seus equipos (vermello, verde, branco, azul) e os aurigas eran venerados como na actualidade os xogadores de fútbol ou os pilotos de Fórmula 1.
Tendo isto en conta, o Equipo de Biblioteca concebiu un proxecto que, partindo da admiración que os rapaces sinten por Fernando Alonso e cos grandes premios de F1 como fío condutor, servise para que o noso alumnado fixese a súa propia carreira turística indo dun circuíto a outro, dun país a outro. Pretendíase que este traballo servise para interrelacionar os coñecementos do curriculo de 1º da ESO: Xeografía e Historia (Economía, Política, Climas…), CCNN e Lingua, co xogo lúdico de deseñar a súa propia Guía de Viaxes, usando as TIC e a BE como fontes de información e presentación.
Ademais, co desexo de que o continente africano tamén estivera representado no proxecto, decidimos ampliar o mesmo co Rally Budapest-Bamako, que se interna no borde occidental do territorio pero só na parte africana do mesmo. En definitiva, tentamos que esta investigación se conformase como unha carreira polo saber e o coñecemento
sábado, 30 de abril de 2022
Día da Danza
sábado, 23 de abril de 2022
venres, 1 de abril de 2022
luns, 21 de marzo de 2022
Poesía visual
Cando unha imaxe vale máis que mil palabras: o escritor ucraíno Lev Shevchenko improvisou un búnker con libros nas fiestras da súa casa, en Kiev, ao inicio da guerra. Escaparate dunha tenda de confección en Lugo.
luns, 7 de marzo de 2022
As gardiás das palabras