Felices vacacións e BOAS LECTURAS!
martes, 24 de decembro de 2019
venres, 20 de decembro de 2019
luns, 25 de novembro de 2019
domingo, 24 de novembro de 2019
VI Concurso de Traballos por Proxectos
O noso Centro ven de ser dobremente premiado neste concurso que busca estimular, mediante o recoñecemento de boas prácticas, o deseño e desenvolvemento de proxectos de carácter interdisciplinario ou de proxectos de investigación, baixo a coordinación da biblioteca ou co apoio desta, na liña da metodoloxía de aprendizaxe baseada en proxectos (ABP).
O Xardín das Hespérides |
(A)rrouparte |
e ao labor do profesorado que os dirixiu Mª América García e Anxos Vidal e Paula Fernández, isto foi posible. Noraboa a todas e todos!
venres, 1 de novembro de 2019
Fíncalle o dente!
Este foi o lema escolllido para celebrar o Samaín.
Para achegar ao alumnado ao xénero de terror e misterio, moito misterio porque un andel no medio da biblioteca cos libros dados a volta, teas de araña e unha ambientación moi tenebrosa e unhas instrucións que era preciso cumprir, foi o reclamo. O resto xa foi cousa de cada un deles. Como sempre por estas datas, o éxito estivo asegurado.
Pasen, se se atreven e vexan.
venres, 25 de outubro de 2019
O 24 de outubro celébrase en España, como cada ano, o Día da Biblioteca. Unha iniciativa da Asociación Española de Amigos do Libro infantil e Xuvenil que tivo a súa orixe no ano 1997.
Desde entón, Amigos do Libro esforzouse en dar a coñecer e recoñecer o labor das bibliotecas, os seus servizos, os seus recursos profesionais e agradecer e recoñecer o labor dos bibliotecarios e as bibliotecarias.
A actual edición céntrase en destacar o labor das bibliotecas na promoción da igualdade de xénero.
Este foi o cartel co que a alumna Bea Penas, de 2º, agasallounos para conmemorar esta efeméride.
Imaxe do cartel anunciador |
E nós aproveitamos esta data para premiar aos nosos SUPERLECTORES /-AS do curso pasado: Iago e Uxía, de 1º da ESO, leron respectivamente 37 e 36 libros, e Belén, de 3º, 28. NORABOA!
Imaxe dos Siperlectores/-as |
luns, 14 de outubro de 2019
15 escritoras con Nobel
Hoxe conmemórase o Día das escritoras, e aproveitando que se están a conceder os Premios Nobel, que mellor que refrescarnos a memoria coas 15 escritoras que acadaron este ilustre premio.
xoves, 10 de outubro de 2019
Premios Nobel 2019
Os Premios Nobel son ata o de agora os máis prestixiosos do mundo, pois recoñecen a achega dunha ou varias persoas á totalidade da humanidade.
Estes son os premiados este ano, explicado dunha maneira sinxela:
Créditos das imaxes
Estes son os premiados este ano, explicado dunha maneira sinxela:
Créditos das imaxes
mércores, 25 de setembro de 2019
Plásticos
A todos dixéronnos que debemos reciclar botellas e envases de plástico. Pero, que lle sucede realmente ao plástico se o tiramos? Emma Bryce rastrexa os ciclos de vida de tres botellas de plástico diferentes, arroxando luz sobre os perigos que estes desechables presentan para o noso mundo.
luns, 16 de setembro de 2019
Iniciamos...
Finalizado o verán, xa temos os corredores xa están cheos de vida co alumnado que continúa e o que chegou novo para comenzar os seus estudos. Nós xa estamos preparadas e co desexo de que as actividades que estamos a preparar vos gusten. Aquí tedes a primeira:
E como agasallo de BENVIDA a este blog da biblioteca,deixámosvos esta marabilla creativa de
Cristobal Vila, onde se aúnan a natureza, a arte, a arquitectura e as matemáticas. Non volo perdades!
Infinite Patterns.
domingo, 23 de xuño de 2019
sábado, 22 de xuño de 2019
(A)rroupArte
Por que estudar a historia da vestimenta? A priori pode parecer un tema superficial, pouco adecuado para analizar na aula, insubstancial e falto de seriedade. Porén, valourouse que o seu estudo permitiría ao alumnado de 1º de BAC profundar na evolución histórica das sociedades. E que mellor que aproveitar os recursos estéticos da arte e da literatura, máis próximos a eles e visualmente máis cercanos á súa realidade virtual. (...)
Preme na imaxe para coñecer este Proxecto na súa integridade
xoves, 13 de xuño de 2019
O xardín das Hespérides
Tocáballe xa á materia de Cultura Clásica un monográfico sobre plantas que nos situase dentro do pensamento mítico ancestral en torno ao mundo vexetal, ao seu simbolismo e ás Metamorfosis de seres humanos.
Os primeiros científicos de Grecia emprenderon unha catalogación do mundo natural, das súas características e propiedades, pero nunca abandoaron por completo o sentimento máxico de misterio, esa unión enigmática que existe no mundo vexetal entre as plantas e as criaturas ligadas a elas, sempre aberto ao inesperado, ao fabuloso e ao quimérico tamén.
Os mitos gregos teñen cargado de simbolismos a cultura occidental. A natureza, sempre na base do mito, ten tal carga iconográfica, que xa non pode ser percibida en toda a súa dimensión. A arte e a literatura están colmadas de imaxes míticas, onde cada planta, cada flor, cada árbore ten un significado propio e característico que se escapa da percepción do non iniciado. Outra vez estamos no punto de partida, do mythos ao logos de nuevo, do relato á explicación. O maravilloso, o imprevisible e o monstruoso tamén teñen cabida no mundo natural e, polo tanto, no mito. Nas mans do noso alumnado do Segundo Ciclo da ESO estivo o poder de descubrilo.
xoves, 25 de abril de 2019
Xincana sobre "Libros prohibidos"
Durante a Historia producíronse innumerables casos de prohibición ou censura de libros, chegando mesmo a queima dos mesmos. Que mellor forma de conmemorar este Día do libro con esta xincana que estás a punto de resolver e onde coñecerás algúns títulos que foron ou son aínda rexeitados en moitos países do mundo¡
Só tes que pinchar en cada número ou letra e atoparás as pistas que te axudarná a localizar o libro que está ou estivo censurado. Boa sorte!
GRAN FINAL
ELIMINATORIA:
1º CICLO DA ESO
2º CICLO E BAC
E aquí tendes aos gañadores:
Noraboa¡
luns, 22 de abril de 2019
domingo, 7 de abril de 2019
xoves, 21 de marzo de 2019
A Química das palabras: Tabla periódica dos "elementos" poéticos
Nacións Unidas acaba de declarar 2019 como o Ano Internacional da Táboa Periódica. Ao mesmo tempo, a Consellería de Educación lanzaba ás bibliotecas escolares, co lema de Poéticas Diversas, un chamamento a descubrir o fenómeno lírico en todo o que nos rodea.
Pois si, xa que Ciencia e Poesía comparten, entre outras moitas cousas, a ansia humana por saber de que está feito o mundo, o coñecemento do visible e o invisible, mesmo a predición do que está por vir. Como dixo George Smoot, Premio Nobel de Física, “Cando vexo unha gran ecuación, como a de Einstein (E=MC2), atopo que algunhas ecuacións son como un haikú, un reducido número de palabras e conceptos que encaixan á perfección.”
A linguaxe poética non sería un fenómeno estético sen estar composto por elementos ordeados que encerran un número infinito de sentidos. Aínda que, probablemente, neste caso, foi a ciencia a que imitou á arte: a táboa periódica sorprende polo organizada, mellor dito, polo proporcionada, mesmo buscando a harmonía, unha obra mestra, un icono da ciencia e da cultura universais.
Para rememorala quixemos refundila coa inspiración dos poetas e poetisas que foron libres de expresar a composición do Universo sen a esixencia de ser comprobada nin xustificada por lei algunha nin principio. Non se necesita nada máis que a Química das palabras.
xoves, 14 de marzo de 2019
Sen Pi non somos nada
O Día de Pi celébrase hoxe, 14 de marzo, data que o Congreso de EEUU elixiu no 2009 para homenaxear a este número irracional, con intención de promover as matemáticas e as ciencias na educación. Os parlamentarios escolleron ese día porque a súa escritura en inglés (3/14) coincide co valor da ilustre constante.
Nós tamén queremos sumarnos a esta celebración. Para isto, podes ver:
xoves, 7 de marzo de 2019
Contra vento e marea: Mulleres en loita
A mellor protección que calquera
muller pode ter é a coraxe
(Elizabeth
Cady Stanton)
Setenta anos despois da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, as mulleres estamos a ser a avanzadilla da loita pola non discriminación e a lexitimidade que teñen todas as persoas a ser iguais en dignidade e dereitos. Saímos ás rúas, facémonos oír, reivindicamos por aquelas que o teñen prohibido, denunciamos as inxustizas si, pero sempre estamos a conxugar os verbos en presente.
Habería que preguntarse entón que sería de nosoutras sen as que nos precederon: mulleres sen voz, sen lei, sen partido, sen organizacións, sen redes… A súa loita foi encarnizada e descomunal, porque estaban soas e con todo en contra. Por iso elas son o noso referente, a elas debémoslles o futuro.
Raíñas, guerreiras, Premios Nobel, artistas, heroínas, a Historia está preñada delas. Mulleres que nunca se rendiron, que pagaron en ocasións coa súa vida por un ideal ou por intentar mellorar o mundo…e que foron esquecidas ou afastadas.
Por iso dende o IES Xoán Montes reclamamos os seus nomes en MAIÚSCULA. Por todos os nosos alumnos para que as coñezan, e por todas as nosas alumnas para que xamais as esquezan.
xoves, 14 de febreiro de 2019
Sobre algúns namorad@s dos libros
BIBLIOTECA
cuál de entre todos ellos
te llevarías a una isla desierta.
Entonces nos supiste responderle.
Pero ahora que estás solo y los contemplas
-soldados de un ejército vencido:
tantos días perdidos en qué búsquedas-
obtienes la respuesta:
Ya vivo en una isla desierta."
Juan Bonilla, Hecho en falta
Este San Valentín pasámolo na biblioteca, con eles: os que nos rouban o soño, os que nos quitan a fame, os que están sempre contigo ás duras e ás maduras, eles, OS LIBROS.
luns, 11 de febreiro de 2019
Día internacional da Muller e da Nena na Ciencia
A Asemblea Xeral das Nacións Unidas proclamou, no ano 2015, o 11 de febreiro como Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. A iniciativa xurdiu como unha ferramenta para animar ás mulleres para entrar en carreiras científicas e tecnolóxicas, visibilizar a contribución das mulleres nestes ámbitos e crear referentes para as novas xeracións.
En España, desde fai uns tres anos, un grupo de científicas e investigadoras agrupadas baixo a etiqueta do #11 F lanzou un chamamento para que as actividades cheguen a cada vez máis persoas. De aquí a nosa pequena contribución para conmemorar este día, DE PRIMEIRA(-S), mulleres que foron pioneiras no campo da Ciencia e que forma parte do Proxecto documental realizado polo alumando de 1º da ESO o curso pasado.
CIENTÍFICAS
INVENTORAS
mércores, 30 de xaneiro de 2019
martes, 29 de xaneiro de 2019
Ano internacional da Tabla periódica
O 29 de xaneiro de 2019, foi a inauguración oficial do Ano Internacional da Táboa Periódica ( IYPT2019). Tanto a ONU, como a UNESCO, desexan conmemorar o 150º aniversario da ordenación metódica, por primeira vez, dos elementos químicos, conforme ao seu número atómico (número de protones), e a certas características e singularidades dos seus átomos, realizada polo químico ruso Dimitri Mendeléjeff ( Tobolsk, 1834 - San Petersburgo, 1907), en 1869.
Por ese motivo ao longo deste ano, van desenvolver diversas iniciativas relacionadas con ela. Nós unímonos a esta conmemoración amosando algúns dos traballos que o noso alumando realizou durante o curso 2017/2018, no proxecto Máis que imaxes.
Os elementos químicos, a ciencia en xeral, fanse moito máis aprehensibles cando nos remitimos á orixe da súa nomenclatura. O alumnado sorprendeuse ao ver que etimoloxicamente a táboa periódica aludía a científicos, lugares xeográficos ou personaxes mitolóxicos.
MITOLOXÍA
TOPONIMIA
Algúns científicos, ao pensar no nome co que bautizar aos novos elementos químicos que se ían descubrindo, foron incapaces de subtraerse á atracción da cor como o seu resgo máis distintivo. Por exemplo, se o cloro recibe ese nome é pola súa cor verde, ou o iodo, que é violeta. (Os nomes desas cores en grego).
Máis información en:
https://www.iypt2019.org/
https://en.unesco.org/commemorations/iypt2019
http://webcast.unesco.org/live/room-01/en
http://www.alonsoformula.com/ezorganikoa/tabla_periodica.htm
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)