Tocáballe xa á materia de Cultura Clásica un monográfico sobre plantas que nos situase dentro do pensamento mítico ancestral en torno ao mundo vexetal, ao seu simbolismo e ás Metamorfosis de seres humanos.
Os primeiros científicos de Grecia emprenderon unha catalogación do mundo natural, das súas características e propiedades, pero nunca abandoaron por completo o sentimento máxico de misterio, esa unión enigmática que existe no mundo vexetal entre as plantas e as criaturas ligadas a elas, sempre aberto ao inesperado, ao fabuloso e ao quimérico tamén.
Os mitos gregos teñen cargado de simbolismos a cultura occidental. A natureza, sempre na base do mito, ten tal carga iconográfica, que xa non pode ser percibida en toda a súa dimensión. A arte e a literatura están colmadas de imaxes míticas, onde cada planta, cada flor, cada árbore ten un significado propio e característico que se escapa da percepción do non iniciado. Outra vez estamos no punto de partida, do mythos ao logos de nuevo, do relato á explicación. O maravilloso, o imprevisible e o monstruoso tamén teñen cabida no mundo natural e, polo tanto, no mito. Nas mans do noso alumnado do Segundo Ciclo da ESO estivo o poder de descubrilo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario