xoves, 23 de decembro de 2021

martes, 7 de decembro de 2021

Calendario de Advento

Esta actividade está a ter unha grande acollida entre o alumnado que frecuenta a biblio. Pequenos e non tan pequenos quixeron participar. O calendario só tiña 21 días, xusto os que faltan para que cheguen as vacacións. En cada sobre escondíase unha pregunta relativa á lectura ou os libros que tiñan que contestar para poder levar o doce agasallo.

sábado, 30 de outubro de 2021

Xincana

O día 24 de outubro se celebra o Día das Bibliotecas. Este ano o lema elexido é "Bibliotecas: leer, aprender, descubrir". Para celebralo propoñémosvos que participedes nesta xincana. 
 Tomamos como punto de partida o vinilo que decora, desde este curso, o mostrador da vosa biblioteca, obra da artista Sofía Próper. Quizais non vos fixastes nel como se merece. De aquí o noso xogo: tedes que pescudar o título do libro e o seu autor/-a de cada obra que aparece representada, é dicir, 16 títulos cos seus autores/- as. 
 A participación será individual, pero podes pedir axuda á túa familia ou amigos para descubrilos todos. Os tres primeiros participantes que desvelen todos os libros serán recompensados. Iso si, lembra mandarnos as respostas ao correo da biblio - portanona@iesxoanmontes.gal- antes de que finalice o día 1de novembro.

Aquí están as nosas flamantes gañadoras dúas alumnas de 1º de ESO. Noraboa rapazas!

luns, 25 de outubro de 2021

Día das bibliotecas

 

Como xa sabedes, todos os 24 de outubro celébrase o día das bibliotecas. A edición deste ano, baixo o lema "Bibliotecas: ver, aprender, descubrir", céntrase en destacar o papel das bibliotecas de diferente tipoloxía como espazos libres, diversos e abertos para o acceso á cultura e o coñecemento. E, como todos os cursos, aproveitamos este día para agasallar aos nosos tres mellores lectores/as do curso pasado, que descubriron, vaia se descubriron, moitos libros e moitas lecturas. 
Noraboa a Fany, Lúa e Saúl¡

venres, 1 de outubro de 2021

Benvidos/-as¡

"Unha porta é o preludio do que espera dentro dun edificio. Unha porta é un prólogo e un comezo, o principio dun camiño ou o arranque dunha vida (...)" Umbrales, de Óscar Martínez.
Pasen e lean!

luns, 21 de xuño de 2021

Coidadoras de vida

     Nun tempo de pandemia como o que estamos a vivir, toma especial relevancia o coidado da saúde. Desde a BE, conscientes de que o papel do coidade (no fogar, na sanidade, na sociedade en xeral) recae habitualmente nas mulleres,  quixemos investigar, co alumnado de DOC e de ITI, quen son e foron as COIDADORAS DE VIDA: deusas protectoras, sanadoras, curandeiras, enfermeiras, médicas… e a súa posible representación e testemuña na arte e na literatura ao longo da historia. Preme na imaxe para acceder.




sábado, 15 de maio de 2021

Por que a Poesía?


Este ano adícase o Día das Letras Galegas à poeta Xela Arias. Velaquí a nosa forma de conmemorar este día, reciclando poemas ou, o que é o mesmo, tomando prestados versos de diferentes poetas para compoñer un novo que sirva de homenaxe . Grazas ao alumnado de 1º de Bac pola creación deste videopoema e aos escritores/-as dos que tomamos prestados os seus versos!
 Seríades capaces de  descubrilos?


venres, 23 de abril de 2021

Ciencia por un tubo

"Ninguna ciencia en cuanto a ciencia, engaña; el engaño está en quien no la sabe" (M. de Cervantes)


    Ás veces adoitamos asociar o Día do libro coa literatura de ficción e esquécellenos que hai outro tipo de literatura, a científica, da que, nestes tempos que non está a tocar vivir, estamos tan necesitados. 
Este curso queremos visibilizar este tipo de libros de divulgación científica, que tamén ocupan os nosos andeis , libros que , non sabemos ben por que motivo, atraen a moi poucos lectores. Para isto, no vestíbulo pode verse  ese ADN  construido con 174 cubertas de libros de todas as ciencias puras ou aplicadas. 

Sirva iso como pequena homenaxe a todos eses homes e mulleres que levan a cabo o seu traballo en condicións tan precarias e aos /as que debemos tanto.

Asemade, e coa colaboración das profes de Cultura científica (Belén) e de TIC (Marta), propúxoselles ao seu alumnado que lese algún destes libros e que realizase un  booktráiler para promocionar a súa lectura.
E estes son os finalistas para optar ao premio:

Moitas grazas pola vosa colaboración!

luns, 22 de marzo de 2021

Por que a auga é unha das cousas máis raras do Universo

Alok Jha, xornalista científico autor de "O libro da auga", explica neste vídeo da BBC por que a auga é un elemento tan incriblemente estraño.

xoves, 4 de marzo de 2021

Pasapalabra : De muller a muller

Son moitos os proxectos que dende a Biblioteca teñen como eixe a igualdade. Hoxe, para conmemorar este Día da Muller, traémosvos este Pasapalabra como un xeito de homenaxear a todas aquelas mulleres que, dende moitos ámbitos, construiron as bases da igualdade entre homes e mulleres. A todas elas, as que podemos recordar e as que o tempo sepultou ou ignorou, ás presentes, ás que veñan... Realmente, cantas destas serías capaz de recoñecer? Anímate, participa e mándanos as túas respostas ao correo da biblio.

 

domingo, 14 de febreiro de 2021

Títulos con Amor

Que estrano resulta todo cando non podemos estar xuntos¡ Que raro non poder celebrar o San Valentín como todos estes cursos onde a biblioteca estaba a rebosar, sin aforos limitados sen manter esa distancia obrigada¡ Cantas actividades, cantos sorrisos, canta felicidade...¡ Por iso, nesta ocasión, optamos por achegaros esas portadas de libros que rezuman AMOR. Todos estes e moitos máis podedes collelos na biblio, porque, si, a Biblio segue coas portas abertas.
Como todos vos, tamén desexamos que isto se acabe pronto e poidamos volver a celebralo xuntos, pero que moi, moi XUNTOS.

Mentras tanto, desfrutade:

 

xoves, 11 de febreiro de 2021

Día da muller e das nenas na Ciencia

Hoxe 11 de febreiro é unha xornada na que se recupera o traballo das mulleres na Ciencia. É unha forma de visibilizar o traballo que levaron, levan e levarán as mulleres e tamén é unha forma de acabar con ese cliché de que os rapaces son de ciencias e as rapazas de letras. E para mostra aquí tedes o traballo de investigación que fixo o alumnado de 1º da ESO:
Tamén podedes achegaros a biblio e levar un destes libros que seleccionamos: