Aínda que case a mediados do curso pasado empezouse a dedicar 15 minutos diarios de lectura individual e silenciosa, é durante este curso escolar cando este proxecto comezou xa desde o mes de outubro. O alumnado elixe libremente a lectura que vai facer de entre as que hai á súa disposición na biblioteca do Centro. 15 minutos para que se adquira ou se afiance o hábito lector, 15 minutos de lectura por pracer, 15 minutos para gozar e imaxinar...
Imaxe vía Flickr |
Acabo de descubrir este novo blog por casualidade e alégrame moito saber que segues coa enerxía de sempre. Paréceme fermoso o deseño e valioso o contido.
ResponderEliminarUnha aperta desde Rábade.