Onte recibimos unha nova moi agradable: o noso instituto foi premiado no Concurso de Traballos por Proxectos coordinados pola Biblioteca Escolar, polo traballo de investigación Mulleres con valor, que o alumnado de 1º da ESO fixo o curso pasado.
A resolución deste concurso recolle os 16 proxectos premiados de temática moi variada. Parabéns a todos os premiados e, moi especialmente, a estas rapazas e rapaces que puxeron tanto entusiasmo nel, e a súa profesora, Anxos Vidal.
Ningún comentario:
Publicar un comentario