xoves, 1 de xuño de 2023

Perseguidos polas furias

    A Antiga Grecia é o berce da nosa civilización actual. A orixe do pensamento e da cultura grega sustentaron as bases da nosa civilización creando un entramado social, pedagóxico e transcendental. Pero serían os mitos os que máis contribuirían, e de maneira especial, a esa educación que xa forma parte do noso acervo cultural. 
   Os mitos estaban presentes no imaxinario formativo da Antiga Grecia. Explicaban as orixes do mundo e detallaban as aventuras de deuses, heroes e outras criaturas mitolóxicas. Pero un tanto por cento moi elevado deses relatos son violentos e as mulleres levan a peor parte. Na sociedade grega, tamén o mito convértese nun instrumento de educación e adoutrinamento, rexeitando situacións extremas como os suicidios, os parricidios ou a violencia familiar. Deste xeito, as institucións non só recorren ao mito para dar maior forza e credibilidade, senón que as narracións convértense por si mesmas en fonte de elementos simbólicos que se gardan na memoria de cada pobo.

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario