mércores, 27 de abril de 2016

Correr e ler

Esta foi a actividade que, organizada polo Departamento de Educación Física, ocupou boa parte da mañá do día 18. Durante todo o que levamos de curso, a súa profesora- María- puso a pensar a todo o seu alumnado sobre como poderíamos conxugar a lectura coa actividade física. Cada nivel propuxo a súa. Votaron e decidiron cal se levaría a cabo. Si, foron meses de toma de decisións, de organización, de ensaios, de procura de materiais, de enquisas, en fin, de moitísmo traballo para poder coordinar todas estas propostas. Nós asistimos como público e puidemos ver todo o que alí aconteceu, que foi moito e moi bo. A rapazada gozou dunha mañá chea de xogos, dunha actividade incesante onde todos participaron. En fin, NORABOA a MARÍA e ao seu alumnado¡ 
 Pasen e vexan:


 

Ningún comentario:

Publicar un comentario