sábado, 24 de outubro de 2020

Día das bibliotecas

     O 24 de outubro e por iniciativa da Asociación Española de Amigos do Libro Infantil, celébrase o Día das Bibliotecas como homenaxe e recoñecemento ao labor que desempeñan os bibliotecarios. Esta iniciativa naceu co fin de concienciar á nosa sociedade da importancia da lectura, especialmente entre os rapaces e rapazas e para agradecer e potenciar o extraordinario labor dos bibliotecarios e bibliotecarias.

 A edición deste ano, baixo o lema 'Bibliotecas, sempre ao teu lado' céntrase en destacar o importante papel que xogan as bibliotecas ofrecendo acceso á cultura, ao coñecemento e ao entretemento en calquera lugar e circunstancia. 

E son precisamente as circunstancias tan difíciles que estamos a vivir que nos impiden celebrar este día como outros anos. As actividades colectivas presenciais son imposibles, pero hai moitos servizos que podemos seguir ofrecendo.

En todo caso, aquí tedes uns vídeos que fixeron algúns rapaces e rpazas  de 2º de BAC do curso pasado, moi vencellados a todas as actividades que lles propoñíamos como esta: Imaxina como sería a BE despois da pandemia. Grazas, outra vez, pola vosa colaboración!

luns, 19 de outubro de 2020

11 escritoras premiadas

 O Premio Nacional de literatura infantil e xuvenil é un dos Premios Nacionais de Literatura de España que se convoca desde 1978 e que outorga o Ministerio de Cultura para distinguir unha obra de autor español, escrita en calquera das linguas oficiais do Estado e editada en España durante o ano anterior á concesión do premio. 

Pois ben, que mellor maneira que conmemorar este día coñecendo un pouco a estas 11 escritoras -só 11 en todos estes anos- agasalladas con este premio?

venres, 16 de outubro de 2020

Premios Nobel 2020

 

xoves, 1 de outubro de 2020

Novo curso, novas rutinas

O curso da "nova normalidade" onde nada é "normal" xa comenzou. Máscaras, frechas, mamparas, distancias, etc., etc. constitúen esa nova "anormalidade" coa que temos que vivir e convivir a cotío. Pero para que isto chegue a bon porto entre todos e todas temos que procurar coñecer e cumprir estas rutinas que vedes resumidas nesta imaxe, para facer da Biblioteca tamén un espazo seguro.




Benvidos/-as a todos/-as!

luns, 29 de xuño de 2020

Eponimia feminina

    Durante este curso, o alumnado de 1º da ESO, participou na primeira convocatoria do Club de Letras. O tema escollido  para este curso  foi a igualdade ( (contribución desde un punto de vista literario, artístico, filosófico ou histórico a cuestións relacionadas coa visibilización das mulleres, do seu rol na sociedade e/ou representación das mulleres ao longo da historia). Pois ben, decisiuse  que o alumando investigase sobre os nomes de muller (eponimia) que deixaron a súa pegada na Historia. 

Podedes coñecelas premendo  na imaxe. 


Noraboa a todo o alumnado de 1º polo magnífico traballo!

martes, 9 de xuño de 2020

Mi momento deportivo favorito


O departamento de Educación física realizou este curso, como actividade complementaria, este libro de relatos sobre un momento de disfrute realizando actividade física. Velaí o impresionante resultado. Noraboa a todos/-as!

martes, 12 de maio de 2020

Reto: "Olladas letradas e enmascaradas"

    
 Un ano máis estamos a piques de celebrar o Día das Letras Galegas. Pero nesta ocasión non poderá haber actos nos centros de ensino pola situación que estamos a vivir. Isto non nos impide facelo de maneira virtual.

    Porén achegámosvos un novo reto: tendes que descubrir que escritores/-as se agochan tras as máscaras, agora que debemos de usalas todos/-as.

   O reto e moi sinxelo: en cada imaxe verás un número e unha pista. Tes  que averiguar  o nome do escritor/-a, o ano no que se lle adicou o Día das Letras e, tamén, tes que explicar a relación da pista co/ca homenaxeado/-a.

    Os tres primeiros  que acerten todas as respostas acadarán un premio. E, coma sempre, mandade o resultado das vosas pescudas ao correo da biblio.



xoves, 30 de abril de 2020

Arte&movemento

Como forma de celebrar o Día internacional da Danza: pintura e movemento, en tempos de confinamento. Disfrutade destas dúas propostas creativas¡







xoves, 23 de abril de 2020

Palabras ao vento

   É o título desta iniciativa cuxo obxectivo é facer un libro no que se recollen as  vosas aportacións sobre o que estades ou estamos a vivir . E a nosa maneira virtual de celebrar o Día do libro XUNTOS  neste 2020 que tantas inquedanzas nos trouxo.


   E como sabemos que vos votades de menos, que estades a desexar estar outra vez xuntos, fixemos esta pequena escolma audiovisual para que recordedes os mellores momentos que compartimos vosoutros e nós nesta biblioteca que ten SEMPRE a porta aberta, que é refuxio, investigación, coñecemento, xogos, cultura, lecturas, creatividade, e, sobre todo, un lugar de encontro.


Grazas a todos e todas polas vosas aportacións, por pasaros por aquí e moito, moito ánimo¡

luns, 20 de abril de 2020

Reto literario: A lectura na vida

     Conta Irene Vallejo no seu libro El infinito en un junco : "Si un libro es un viaje, el título será la brújula y el astrolabio de quienes se aventuran por sus caminos. Sin embargo, no siempre estuvo ahí para orientar a los navegantes. Los primeros relatos, los más remotos, llegaron al mundo sin nombre ni bautismo. (...) Los primeros títulos fijos, únicos e inamovibles pertenecieron a las obras teatrales. Los dramaturgos atenienses fueron pioneros en titular sus piezas (...) En realidad, hasta el siglo XIX los títulos no empezaron a desarrollar su propia poesía y sus señuelos.(...) En el recorrido entre el siglo XIX y XXI, han surgido sin ninguna duda los más bellos, los más audaces (...)"
De repente, neste afán que temos todas pola limpeza , poste a ordenar os andéis e atopas o primeiro título. Este lévate a outro e a outro, e, casi sen darte de conta, eles empezan a conformar a historia da túa vida lectora e, por que non, tamén describen os estraños e duros momentos que estamos a vivir.



E aquí vai o noso dobre reto: Fai un vídeo ,ou unha foto, no que, partindo dos títulos dos libros que teñas na casa, constrúas un texto co tema que ti elixas ou ben podes optar por averiguar o nome dos autores/-as dos libros que aparecen no vídeo. Podes facernos chegar os teus vídeos ou as túas respostas á dirección de correoda biblio. No primeiro caso, publicarémolo no noso blog, e no segundo, aos tres primeiros que acerten todos os autores, terán como premio o agasallo dun libro. Sirva esta proposta para celebrar o Día do Libro e para facer unha pequena homenaxe ás librarias.

xoves, 2 de abril de 2020

Desde a nosa fiestra

   Tivemos que pechar a nosa porta, pero abrimos a nosa fiestra para achegarnos a vós. Si, as bibliotecas non pechan, tamén se teletraballa a cotío. E hoxe máis que nunca porque somos sabedoras de todo o que circula pola red. O noso labor, neste momentos, é de achegaros un pouco de aire limpo e fresco e que entre polas vosas ventás, balcons,terrazas...
   Imos empezar pola máis importante: 
   Para coñecer a que nos enfrontamos e que temos que facer:

   E agora que, por fin, chegan estas merecidas vacacións, fixemos un pequeno catálogo de todo tipo actividades culturais-música, teatro, cine....-. Porque  que a biblioteca peche, non significa que non podades ler libros ou revistas, ver cine ou documentais... A rede ofrece de forma gratuita un montón de actividades de todo tipo para poder levar este confinamento da mellor maneira posible.

  Aquí tedes unha escolma - que irá modificándose- para que non vos perdades por ese inmeso océano que es internet.




E agora si, que teñades unhas BOAS VACACIÓNS. E e lembrade que tamén vos botamos moito de menos e que HAI QUE FICAR na CASA.



venres, 27 de marzo de 2020

Día internacional do Teatro

O Royal Theatre de Saint Helens publicou no seu perfil de Instagram estas palabras:


Crédito imaxe
“No teatro temos unha tradición. Cando está baleiro, sempre deixamos unha luz acesa. Normalmente, deixámola sobre un trípode no escenario e coñécese como luz pantasma ou luz testemuña. Significa que, aínda que o teatro estea baleiro, regresaremos. (…) Podemos estar de baixa, pero a nosa paixón, a nosa creatividade, o noso impulso segue sendo o centro do escenario. Desconectaremos estas loces testemuña en pouco tempo. Mentres tanto, aquí hai unha para que o mundo saiba que regresaremos”.

Mentras non poidamos volver a encher os teatros, que farémolo, aquí deixámosvos  unha versión da orixe do teatro con certas doses de humor. 


domingo, 22 de marzo de 2020

Hora de ler (2ª av.)


Covid-19: explicacións e repostas




Créditos das imaxes

sábado, 21 de marzo de 2020

Día da poesía

 Vivimos tempos de zozobra, de incertidume, de silencios e desesperanzas. Nada novo baixo o sol, dado que toda xeneración humana tivo o seu diluvio, plaga ou guerra. As súas criaturas fronte a Natureza, esa amorosa Nai que ás veces nos regaña e nos impón castigos, malos fillos.

  Pero nosoutros, os humanos, en todo tempo e circunstancia, por moi fortes que fosen os ventos, alumeamos lugares seguros onde agocharnos, anclaxes de proximidade, de amizade, de amor…
Podemos chegar a ser o peor e tamén o mellor do mundo, pero coa nosa creatividade somos capaces de concebir fisuras polas que se filtren a dor e o sufrimento na liña de fogo das emocións.

  Por iso pedimos ao noso alumnado máis veterano, os que tantos bos momentos nos deron nestes anos, que creasen un poema compartido, como símbolo de unión e solidariedade, versos que chegasen á xente, versos para abrir as ventas e que corra o aire, para gritar a verdade e crer no pobo.

 Se a linguaxe é “unha árbore calcinada” en palabras do gran poeta Octavio Paz, a poesía será as cinzas das que voltaremos a rexurdir. Nunca fixo tanta falta esa Arte con maiúsculas.

¡Grazas pola vosa colaboración!

domingo, 8 de marzo de 2020

Cuestión de cifras

Traballo de documentación sobre a situación das mulleres en diferentes ámbitos, feito polo alumnado de 2º de BAC para conmemorar o Día da muller.

venres, 14 de febreiro de 2020

Na procura das MUSAS

     Na mitoloxía grega, as nove musas vivían no Olimpo e cando querían baixaban a tocar coa súa divina graza ao artista. Aquí tes 20 persoas que coa súa soa presenza axudaron, deron luz para que se producise a creación, imos , algo parecido aos que fan as influentes actuais. Descobre quen se esconde detrás de cada musa...




E aquí tendes as nosas gañadoras: Fany, Bea e Patricia. Grazas a todos/-as por participar!

martes, 11 de febreiro de 2020

Muller e Ciencia

     Co fin de lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas, e ademais para lograr a igualdade de xénero e o empoderamento das mulleres e as nenas, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas decide proclamar o 11 de febreiro como o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia.
    Velaquí o noso gran de area para conmemorar este día:



E ademais, aquí tendes outros materiais:

Unha sopa de letras

Un xogo de cartas

Adiviña quen son

Un cómic que podedes descargar