domingo, 22 de novembro de 2020

De Ciencia

 Desde hai uns anos vense celebrando en novembro o mes da Ciencia en galego. Este ano o Manifiesto fíxoo o profesor, investigador e divulgador científico Xurxo Mariño, do que tomamos estas palabras: 

"A ciencia non é unha cousa escura que só se fai en complexos laboratorios, senón que, por riba de todo, é unha maneira de pensar, unha actitude para chegar ao coñecemento [...]  Pero ademais de facer ciencia, todos podemos gozar do traballo, das achegas e das vidas das científicas e dos científicos mergullándonos nos libros. Cada libro é unha viaxe interestelar á mente doutras persoas, ás súas aventuras, penas e alegrías. Nas nosas bibliotecas podemos gozar sen límite con relatos abraiantes sobre o funcionamento do cerebro, a vida das abellas ou a construción dun aeroplano. Cada libro é unha xoia capaz de alimentar e de estimular a mente. E ademais podemos gozalos na nosa lingua, en galego, porque a ciencia fala todos os idiomas, pode emocionar todas as mentes.[...]" 

E neste contexto no que achegamos a nosa pequena contribución: unha selección de libros que podedes atopar na vosa BE, así como tamén uns vídeos realizados polo alumnado ao longo destes últimos cursos, todo isto sobre esta imaxe interactiva, coa que se publicita este mes da Ciencia en galego.


Ningún comentario:

Publicar un comentario