venres, 14 de decembro de 2018

V Concurso de traballos por proxectos

    Un novo premio súmase ás paredes da biblioteca do IES Xoán Montes e ao alumnado que esta a cursar este ano 2º da ESO.  De primeira(-s) é  a rapazada e a coordinadora - Anxos Vidal- que con tanto tesón e esforzo traballaron  para dar a coñecer a 100 mulleres - poderían ser moitas máis- que foron pioneiras en diferentes campos. Eles e nós estamos encantadas por este recoñecemento ao labor realizado durante o curso 2017/18.

NORABOA!

luns, 10 de decembro de 2018

Día dos Dereitos Humanos

   A Declaración Universal dos Dereitos Humanos é un documento que foi elaborado por representantes de todas as nacións do mundo e proclamado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas en 1948 tras o tremendo impacto que causou a Segunda Guerra Mundial.


   Os dereitos humanos son dereitos e obrigacións que teñen todos os gobernos e as persoas polo mero feito de existir. Respectalos permite que os seres humanos vivamos dignamente nunha contorna de liberdade, xustiza e paz. O dereito á vida, á liberdade de expresión e de conciencia, á educación, á vivenda, á participación política ou de acceso á información son algúns deles.


   A pesar de que os Estados e a comunidade internacional deben garantir o exercicio destes dereitos, en moitos lugares do mundo vulnéranse e por iso hai institucións que velan porque non se quebranten.

domingo, 25 de novembro de 2018

De Mil/MAl amores, in memoriam

"No las ves que están agotadas, que no se tienen en pie, que son ellas las que sostienen cualquier ciudad, todas las ciudades. Con el matrimonio, con la maternidad, con la viudedad, con los golpes,


ellas cargan con este mundo, con este sábado por la noche donde ríen un  poco frente a un vaso de vino blanco y unas olivas. Cargan con maridos infumables, con novios intratables, con padres en coma, con hijos suspendidos.


Fuman más que los hombres. Tienen cánceres de pulmón, enferman, y tienen que estar guapas. Se ponen cremas. Son una tiranía las cremas. Perfumes y medias y bragas finas y peinados y maquillajes y zapatos que torturan. Pero envejecen. No dejan las mujeres tras de sí nada, hijos, como mucho, hijos que no se acuerdan de sus madres. Nadie se acuerda de las mujeres. La verdad es que no sabemos nada de ellas.



 Las veo a veces en las calles, en las tiendas, sonriendo. Esperan a sus hijos a la salida del colegio. Trabajan en todas partes. Amas de casa encerradas en cocinas que dan a patios de luces. Sonríen las mujeres, como si la vida fuese buena. En muchos países las lapidan. En otros, las violan. En el nuestro las maltratan hasta morir.

Cronoloxía

Trabajan fuera de casa , y trabajan en casa, y trabajan en las pescaderías o en las fábricas o en las panaderías o en los bares o en los bingos. No sabemos en qué piensan cuando mueren a manos de los hombres"  ( Manuel Vilas, "Mujeres", Poesía completa, Visor, p. 191)

    As imaxes forman parte do produto final do traballo feito polo alumnado de 2º de BAC sobre a cronoloxía do femicidio en España neste último ano.



xoves, 22 de novembro de 2018

sábado, 17 de novembro de 2018

Día das librarías

venres, 26 de outubro de 2018

Construción, Instrución, Destrución


   





  As bibliotecas teñen vida propia, como un ser vivo: nacen, medran e por desgracia, morren. Así pois, o seu periplo vital pode ser explicado co verbo struo, que en latín significa tramar e maquinar, pero sobre todo construír e reunir ordenadamente. As bibliotecas foron construídas e destruídas por igual a través dos séculos. Quizais porque a súa única intención era a instrución das mentes e as almas, sen afán de lucro nin loitas de poder. CONSTRUCIÓN, INSTRUCIÓN, DESTRUCIÓN.
As bibliotecas no punto de mira sempre.






xoves, 25 de outubro de 2018

CURIOSAS BIBLIOTECAS

mércores, 24 de outubro de 2018

Día das Bibliotecas

   Como cada 24 de outubro, hoxe celebramos o Día das Bibliotecas e nós sumámonos a esta conmemoración da mellor maneira que sabemos: dando as grazas a todos os nosos usuarios/-as  e entregando os agasallos as nosos SUPERLECTORAS do curso 2017/18. NORABOA, rapazas!

luns, 15 de outubro de 2018

15 escritoras no Día 15

Desde hai uns anos, a Biblioteca Nacional organiza o Día das Escritoras . Este ano o lema é Rebeldes e transgresoras, que celebra a aquelas autoras que romperon as barreiras que lles impoñía a sociedade.

Nós sumámonos a esta efeméride con noso pequeno gran de area: coñece un pouco máis a estas 15 escritoras de Literatura Xuvenil que enchen os nosos andeis e que tanto vos gustan.

venres, 21 de setembro de 2018

Xa estamos de volta

e abrimos a nosa porta virtual


Liber. from Valentin Tournebize on Vimeo.

Como vedes xa o temos todo arranxado ou aquelado para vós. E desexamos que a biblioteca sexa un espazo de convivencia, aprendizaxe, colaboración, estudo, disfrute...

Para ir abrindo boca, xa tedes a vosa disposición a nova convocatoria para formar parte dos nosos clubs de lectura. Apuntádevos xa¡

domingo, 24 de xuño de 2018

Comparte

Agora que estamos a piques de pechar a porta, queremos darvos as grazas a todos aqueles que vos achegastes por aquí, a todos os que nos botastes unha man, a todos os que atopastes refuxio na biblioteca , a todos os que creedes neste proxecto, a todos os que participastes nas nosas actividades, a todos...e por tantas cousas, GRAZAS.
A biblio pecha pero aínda queremos COMPARTIR os libros como se comparten amigos, como se conta neste vídeo que realizou Inma, a profe de Educación Física e que comparte con todos nós.


FELICES LECTURAS E BOAS VACACIÓNS!

E lembrade que ata o vernes podedes coller libros para o verán.

Retos lectores


Velaí a Erika e Carla, de 1º de ESO, que foron quen de completar nin máis nin menos de CATRO retos lectores ao longo deste curso que xa remata. NORABOA as dúas e tamén a todos aqueles/-as que fostes capaces de completar os retos. Desexamos que o curso que vén sigades mellorando!


Crédito imaxe

Hora de ler 3ª

Crédito imaxe

xoves, 31 de maio de 2018

Gañadores do "Escape room" (A)salteadores de cadros


Despois de meses de cadro en cadro, por fin os nosos/-as concursantes atoparon a chave para voltar a casa. Empezaron 60 e só oito chegaron ao final, despois de "durísimas probas". E aí os tedes, Alejandra, Carmen, Jocobo e Luis, PARABÉNS! 

martes, 29 de maio de 2018

Os A(salteadores de cadros): escape room final




Oh...! Non o podo crer...este lugar resúltame coñecido...A biblioteca? Xa estou na casa entón. Pero...non podo abrir a porta. Que é iso? Un sobre. Veremos que pon... Descubre as pistas para poder atopar a chave...por fin!





Personaxes Literarias

xoves, 17 de maio de 2018

A lectora

"Desde o balcón, sentado cun libro,
comparto en soidade a  jubilosa
caída da tarde.
Despois haberá un misterio en cada esquina,
un silencio de  tilos e de sombras.(...)"

L. García Montero


luns, 23 de abril de 2018

Sobre libros


"Dormitan los libros en los estantes. Perezosos, sonmolientos, apuntalados unos contra otros, lomo contra lomo, mientras rumian argumentos miles en el limbo de los desventurados.



Claman en silencio, imploran una mano acariciante que les libre del sueño de los justos. Reclaman la palabra. Añoran aquel marcapáginas que cada día, poco o mucho, avanzaba por el sendero del guión. Suspiran por destapar el tarro de las esencias y que, al abrirlas, una nariz inquieta aspire el rancio aroma a tinta y papel.

Powered by emaze


Apuestan por el acento, el punto y la coma. Y por las oraciones de bien. Se crecen si la mirada interesada descansa, nunca mejor dicho, en sus entresijos.




En fin, porque son más que una parodia, padecen tortura y muerte en las aguas del olvido"

"Objetos perdidos", en En la intimidad. Relatos mínimos, de Alberto Polledo Arias (2018)

mércores, 21 de marzo de 2018

Escape room: (A)salteadores de cadros VI

... Non vexo nada... Que néboa... Ufff...que calor! Dende logo é un bo lugar para permanecer escondido.Ai.... debaixo da fiestra.  Meu deus... cantas mulleres! Que traballos tan ingratos e seguro que están a traballar para outros por catro cans! Xoves e vellas como nunha rolda que nunca se acaba. Que vidas! Non sei se soportarei por moito tempo esta humidade. Doénme as pernas. O bo é que xa falta menos, pois xa me falta menos para voltar a casa.

Axuda ao noso protagonista a resolver os enigmas e que poda voltar a casa antes de que os seus perseguidores o encontren.


martes, 20 de marzo de 2018

Versolibrar

“No hay tiempo para la poesía.
Sólo hay redes, pantallas, horarios (...)”

“No hay lugar para la poesía,
Pero la poesía se cuela…”

Abrimos as xanelas. Aire e moitas mans: os libros abandonaron o seu silencio. Cada título voou, gritou desesperado e soñou atopar o seu acubillo.


Un poema cada noche (…), Un poema antes de dormir (…), Un poema que me lleve lejos, Que me sacuda el alma (…)”  en  [ Bailarás cometas bajo el mar, de Xoel López]

Porque a poesía está en todo e a todos alcánzanos.

Powered by emaze

mércores, 14 de marzo de 2018

Stephen Hawking, pequena homenaxe

Día do número Pi

Este 14 de marzo celébrase o día do número Pi (π), esa cifra de valor 3,14159265358979323846... que é tamén unha constante que indica a relación entre a lonxitude dunha circunferencia e o seu diámetro.

venres, 9 de marzo de 2018

De primeira(-s)

Todas (e todos) hoxe sabedes ler, escribir, realizar operacións matemáticas, ter unha conta a voso nome, manexar un ordenador ou un móbil? Pero todo isto era impensable hai moitas décadas para as mulleres, e mesmo, para moitas mozas ha día de hoxe é un soño inalcanzable.



O feito de que moitas de vós poidades estudar en igualdade cos mozos forma parte da historia da muller. As mulleres occidentais alcanzamos metas incribles hai uns anos, aínda que a situación noutros países do mundo sexa tremenda: a ablación feminina, a limitación do nacemento de nenas a favor dos nenos,  a submisión da muller baixo os burkas e, sen ir tan lonxe no espazo, os casos de violencia de xénero que alagan os informativos en todos os países.

E se non, preguntádevos por que a estas alturas se celebra o Día internacional da Muller?

Por iso, o noso obxectivo foi  visibilizar a aquelas mulleres que foron as primeiras en lograr ou conseguir, nos diferentes campos,  algo.  Trátase de dar luz, de pór o foco nelas, para que as coñezades e coñézanas. De aquí o título: DE PRIMEIRA(-S), que quere dicir, "sobresaliente na súa liña". Foron 100 as escollidas, pero poderían ser moitas máis!


Esta exposición forma parte do proxecto documental que se está a realizar co alumnado de 1º de ESO- quen recabaron estes datos que agora vedes- na materia de Tratamento de información e Investigación. En breve, podederes velas moito máis de cerca.



xoves, 22 de febreiro de 2018

Escape room: (A)salteadores de cadros V

Crash! Onde estou agora? Ah¡ Ah¡ Ah! Pero...xa estamos no Entroido? Como pasa o tempo! Alomenos poderei botar man dunha máscara para que non me atopen. Calquera destas váleme, se podo coller unha sen que se decaten. Pero terei que escapar axiña , claro se atopo as respostas, porque esta habitación é tan pequeña…



xoves, 15 de febreiro de 2018

Falando de...

Falemos. Falemos do que acontece tal día como hoxe. Falemos desa onda expansiva que produce o Amor. Falemos de quen me dedicaría ese "Poemas de peto". Falemos dos que acudiron por ver si tamén tiñan un. Falemos das aglomeracións nos andeis, dos comentarios, dos sorrisos. Falemos da "Cita a cegas cun... libro". Falemos da sorpresa, da compañía, da complicidade, do contaxio. Falemos, si, falemos. Porque falar de Amor é falar de POESÍA.


mércores, 14 de febreiro de 2018

Amor & Toponimia

Imaxe

Imaxe
Como todos os anos por estas datas, celebramos o San Valentín. A súa historia remóntase ao século  V.  En vida Valentín predicara a fe en Roma e oficiara matrimonios cristiáns clandestinos.

A moza  Serapia amaba ao  centurión romano Sabino. Superada a oposición dos pais dela, descubriuse que a rapariga estaba  mortalmente enferma. Valentín uniunos en matrimonio , aínda que Sabino era pagán. Despois ambos morreron. Grazas aos seus moitos milagres Valentín foi  canonizado e a partir de entón celébrase a Festa do Amor.


Son moitas as ofertas de todo tipo que se ven estes días para celebralo e  Ana, Candea, Iria e Sara -alumnas de 1º ESO- preséntanvos unha diferente: esta ruta turística relacionada coa toponimia do amor en Galicia. Quizá algún/-a anímese  a visitar  Bicos, ou a praia de  Benquerencia ou de deixe caer polos  viñedos de Amandi  ou se achegue a coñecer o río Tenorio. 

mércores, 24 de xaneiro de 2018

Escape room: (A)salteadores de cadros IV

Miúda tolemia! Paseime todas as vacacións fuxindo e non son capaz de atopar a saída. Por unha banda, isto empeza ata gustarme porque me permite retroceder no tempo e coñecer a outras persoas e lugares. Por outro, hai momentos en que me sinto angustiado.
Neste novo salto mirade en que lugar atópome. Vénme ben porque entre tanta xente paso desapercibido para os que me perseguen. Aínda que, claro, sendo tan novo e con esta indumentaria, todos estes homes non fan máis que mirarme estrañados. Estou a tentar pescudar por que están aquí reunidos - ouvín algo de asinar a Paz- , mentres trato de escabullirme dos meus perseguidores e de solucionar as pistas que me leven de volta a casa.

Resolvede os enigmas para atopar a chave !

sábado, 20 de xaneiro de 2018

VII Concurso "Lucus intercentros"

Ás veces a vida do Centro se paraliza porque algo está a ocurrir alén da muralla que nos circunda. Alumnado e profesorado aproveitamos o tempo libre - e non tan libre- para seguir as nosas representantes neste concurso- retransmitido en streaming desde o IES Muralla Romana- que celebra xa a súa sétima edición.
Alí acudiron, seguro que moi nerviosas: Dina, Paula e Valentyna. E con elas repetimos, por segundo ano consecutivo, unha merecida victoria.
Din que unha imaxe vale máis que mil palabras, pois neste caso é ben certo á vista dos sorrisos das nosas representantes.

Noticia no Progreso

ENHORABOA, RAPAZAS e a disfrutar do premio!



Por se vos perdestes o concurso: