Imaxe |
Imaxe |
Como todos os anos por estas datas, celebramos o San Valentín. A súa historia remóntase ao século V. En vida Valentín predicara a fe en Roma e oficiara matrimonios cristiáns clandestinos.
A moza Serapia amaba ao centurión romano Sabino. Superada a oposición dos pais dela, descubriuse que a rapariga estaba mortalmente enferma. Valentín uniunos en matrimonio , aínda que Sabino era pagán. Despois ambos morreron. Grazas aos seus moitos milagres Valentín foi canonizado e a partir de entón celébrase a Festa do Amor.
Son moitas as ofertas de todo tipo que se ven estes días para celebralo e Ana, Candea, Iria e Sara -alumnas de 1º ESO- preséntanvos unha diferente: esta ruta turística relacionada coa toponimia do amor en Galicia. Quizá algún/-a anímese a visitar Bicos, ou a praia de Benquerencia ou de deixe caer polos viñedos de Amandi ou se achegue a coñecer o río Tenorio.
Ningún comentario:
Publicar un comentario