Todas (e todos) hoxe sabedes ler, escribir, realizar operacións matemáticas, ter unha conta a voso nome, manexar un ordenador ou un móbil? Pero todo isto era impensable hai moitas décadas para as mulleres, e mesmo, para moitas mozas ha día de hoxe é un soño inalcanzable.
O feito de que moitas de vós poidades estudar en igualdade cos mozos forma parte da historia da muller. As mulleres occidentais alcanzamos metas incribles hai uns anos, aínda que a situación noutros países do mundo sexa tremenda: a ablación feminina, a limitación do nacemento de nenas a favor dos nenos, a submisión da muller baixo os burkas e, sen ir tan lonxe no espazo, os casos de violencia de xénero que alagan os informativos en todos os países.
Por iso, o noso obxectivo foi visibilizar a aquelas mulleres que foron as primeiras en lograr ou conseguir, nos diferentes campos, algo. Trátase de dar luz, de pór o foco nelas, para que as coñezades e coñézanas. De aquí o título: DE PRIMEIRA(-S), que quere dicir, "sobresaliente na súa liña". Foron 100 as escollidas, pero poderían ser moitas máis!
Esta exposición forma parte do proxecto documental que se está a realizar co alumnado de 1º de ESO- quen recabaron estes datos que agora vedes- na materia de Tratamento de información e Investigación. En breve, podederes velas moito máis de cerca.
Ningún comentario:
Publicar un comentario