domingo, 24 de novembro de 2013

25 de novembro "Día contra a Violencia de Xénero"

        Con este lema queremos sumarnos a este Día da Non violencia contra as mulleres.
Nos últimos días  publicáronse  no xornal  El País, tres artículos sobre violencia de xénero entre adolescentes, cuxas historias:  
“¿Si me acuerdo de la primera vez?”. Cristina entorna los ojos. Aún medio cerrados siguen siendo grandes, marrones y brillantes. “No sé... Empezó poco a poco. Tirones de pelo alguna vez, empujones... Una tarde que estábamos en un parque se enfadó y empezó a pegarme puñetazos en los brazos y en la tripa. Luego se puso a llorar. Me asusté tanto... Y me sentí tan mal por verle así que...”, relata. El día de esa agresión Cristina, que hoy acaba de cumplir la mayoría de edad, tenía 15 años y llevaba seis meses saliendo con ese chico, de 16.",
      os seus datos: "Conocen el discurso y la información sobre violencia de género, pero no la trasladan a su vida. La radiografía es llamativa: el 4% de las adolescentes de entre 14 y 19 años han sido agredidas por el chico con el que salen o salían; y casi una de cada cuatro confiesa que su novio o exnovio las controla hasta el punto de fiscalizar con quién hablan o como visten. Control, relatan, a golpe de Tuenti y WhatsApp." 
     son estremecedores: "la violencia machista en adolescentes haya aumentado un 30% en dos años y para que el maltrato no solo esté presente en las relaciones entre chicos y chicas supuestamente educados en el respeto mutuo y la igualdad, sino que esté aumentando."

Pero a cousa non remata aquí, resulta que nunha entrada publicada no blog El caparazón, pódese ver que o grao de desigualdade de xénero atopámolo tamén na caixa de procuras de Google, que conteñan a palabra "mulleres".
Preme na imaxe para ler o artigo completo.

http://www.dreig.eu/caparazon/2013/10/22/misoginia-google/



     Nós tamén queremos aportar a noso gran de area -neste Día internacional  da Non violencia contra as mulleres- en forma de monólogo teatral, interpretado pola vosa compañeira Alba  e baseado nun entremés  do dramaturgo Jesús Campos, cuxo texto orixinal podedes atopar aquí.
Grazas Alba polo teu entusiasmo e colaboración¡
 


E recorda, rapaz: Que non se che vaia a pinza! "Libre te quiero, como arroyo que brinca de peña en peña. Pero no mía" (A. García Calvo)
Recursos: Por que o 25 de novembro?
Ferramentas didácticas
Escolma de libros que tratan este tema:
E todavía máis: Curta realizada por UXT, Ensino, titulado "Querernos bien":

venres, 25 de outubro de 2013

Día das Bibliotecas Escolares: Ler ciencia

Desde a Asesoría de Bibliotecas Escolares elixiuse este ano para conmemorar este día esta lema : "Ler ciencia" , co fin de sensibilizarnos sobre a importancia que a lectura de textos de carácter científico e divulgativo, e mesmo de textos literarios que traten este tema.

 
Aquí deixámosvos unha selección dalgúns dos libros que poderedes atopar na biblioteca, así como unha serie de ligazóns de interese para profundar neste campo de forma amena e sinxela.

Os animamos a que vos paseis pola biblioteca e leádelos, porque estamos seguras que ides gozar moito son a súa lectura.

 
 Enlaces de interese: 

sábado, 18 de maio de 2013

Mes do libro

Para o mes do libro, desde a biblioteca propúxoselle a toda a Comunidade educativa  que colaborase na realización dunha libraría, cuxos libros serían aqueles que dalgunha maneira lembrasen como importantes na súa vida.  
Cada un/-a achegou a cuberta  dese volume especial e escribiu o motivo da súa elección.
Aos poucos, o enorme andel vai enchéndose das vosas suxestións, - que difícil   resulta en ocasións elixir- conformando a denominada biblioteca do Libro da nosa vida. 
Moitas grazas polas vosas achegas¡