Para o mes do libro, desde a biblioteca propúxoselle a toda a Comunidade educativa que colaborase na realización dunha libraría, cuxos libros serían aqueles que dalgunha maneira lembrasen como importantes na súa vida.
Cada un/-a achegou a cuberta dese volume especial e escribiu o motivo da súa elección.
Aos poucos, o enorme andel vai enchéndose das vosas suxestións, - que difícil resulta en ocasións elixir- conformando a denominada biblioteca do Libro da nosa vida.
Aos poucos, o enorme andel vai enchéndose das vosas suxestións, - que difícil resulta en ocasións elixir- conformando a denominada biblioteca do Libro da nosa vida.
Moitas grazas polas vosas achegas¡
Ningún comentario:
Publicar un comentario