venres, 12 de decembro de 2014
mércores, 26 de novembro de 2014
Día contra a violencia de xénero
Os días previos foron de moita adicación: o alumnado de BAC xunto coa súa profesora de Educación Física Inmma prepararon esta performance para realizala durante o recreo do día 25 e así sorprender a toda a Comunidade educativa.
Ao final, só quedaron esos 44 pares de zapatillas que simbolizan ás mulleres mortas este ano a causa desta lacra social que parece non querer abandonarnos.
Nós puxemos o noso grao de area para que toda a rapazada tome conciencia do que está a suceder non só aquí, senón en todo o mundo.
Grazas a todos pola vosa colaboración e rapaces tomade boa nota!
domingo, 23 de novembro de 2014
E a música...
...conectou ao alumnado, co gallo do día de Santa Cecilia. Alí, no vestíbulo coa presenza sempre do músico Xoán Montes, as rapazar es rapaces da ESO sorprenderon a todos cos seus instrumentos preferidos e as notas musicais encheron ese inmenso espazo. Grazas ao Departamento de Música e a ese músicos/-as que fixeron as delicias de todos.
mércores, 19 de novembro de 2014
Concurso de Relatos de Terror
martes, 4 de novembro de 2014
De premios
Onte recibimos unha nova moi agradable: o noso instituto foi premiado no Concurso de Traballos por Proxectos coordinados pola Biblioteca Escolar, polo traballo de investigación Mulleres con valor, que o alumnado de 1º da ESO fixo o curso pasado.

A resolución deste concurso recolle os 16 proxectos premiados de temática moi variada.
Parabéns a todos os premiados e, moi especialmente, a estas rapazas e rapaces que puxeron tanto entusiasmo nel, e a súa profesora, Anxos Vidal.

A resolución deste concurso recolle os 16 proxectos premiados de temática moi variada.
Parabéns a todos os premiados e, moi especialmente, a estas rapazas e rapaces que puxeron tanto entusiasmo nel, e a súa profesora, Anxos Vidal.
NORABOA!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
.jpg)

