"Foi un dos socios do selecto Reform Club de Londres, Andrew Stuart, quen lanzou o reto: “Pois ben, fágao”. O interpelado respondeu sen distraer a súa atención da partida de whist: “A volta ao mundo en oitenta días? Deseguido”. E Phileas Fogg partiu esa mesma noite, tomou o tren do 20.45 rumbo a Douvres."
E nós recollemos a luva : que mellor modo de homenaxear o 150 aniversario da publicación da novela de Julio Verne e do mes do libro?
O reto é realizar unha viaxe tomando como punto de partida os libros, exactamente 80, a través de pequenas biografías, imaxes do espazo novelescos reais ou imaxinarios e comezos de libros de todos os tempos e continentes, nun tempo limitado desde o 23 de abril ata o 17 de maio.
Expuxemos o percorrido:
E moitos viaxeiros subíronse ao globo e iniciaron o seu periplo a libros descoñecidos.
Rematado o prazo, e mentres estamos a revisar os tacógrafos para determinar quen completaron o percorrido, aquí atoparedes os autores/-as e os títulos dos libros que conformaron a noso reto deste curso.
Ningún comentario:
Publicar un comentario