Non sabemos moi ben por que pero este curso espertouse a febre do xadrez. Taboleiros que levaban durmidos na biblio en espera de xogadores/-as, agora convertéronse en estrelas: todos os recreos hai unha peregrinación para poder collelos os primeiros. Por esta razón propuxémoslles facer unha liga, un torneo e, obviamente, foi un éxito. E aquí están os nosos flamantes gañadores en cada unha das súas categorías: Yoel e Pablo. Parabén!
Ningún comentario:
Publicar un comentario