luns, 12 de decembro de 2016

Dereitos humanos en perigo?

En París, o 10 de decembro do ano 1948, aprobouse a Declaración Universal de Dereitos Humanos. Ese recoñecemento non era algo novidoso, pero si o foi que por primeira vez tivese un carácter universal.

Trala Segunda Guerra Mundial, o espanto pola magnitude das atrocidades ocurridas durante ese conflito e mesmo durante os “negros” anos ’30 determinou a necesidade de defender, explicitar, e difundir eses Dereitos.

Parecía pois, que o mundo quedara vacinado ante o horror. Porén, nos últimos anos, en paralelo á extensión da crise económica global, obsérvase o incremento de partidos e individuos, denominados populistas, que apelando ao nacionalismo excluínte, á xenofobia, á adxudicación de tódolos males de Occidente ás minorias que viven nos nosos territorios, considerán inaceptable facer extensivo a todo o mundo a igualdade de dereitos. Pero isto, xa é coñecido, isto xa foi vivido.


Por este motivo, a Biblioteca, decidiu elaborar esta exposición, para conmemorar esa Declaración Universal, que ademais amosase ás novas xeracións, e recordase ás máis vellas, a necesidade de coñecer o pasado, para non volver a repetir a nosa historia, e non poñer en práctica o vello proverbio de que “o home é o único animal que tropeza dúas veces na mesma pedra”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario