venres, 27 de marzo de 2020

Día internacional do Teatro

O Royal Theatre de Saint Helens publicou no seu perfil de Instagram estas palabras:


Crédito imaxe
“No teatro temos unha tradición. Cando está baleiro, sempre deixamos unha luz acesa. Normalmente, deixámola sobre un trípode no escenario e coñécese como luz pantasma ou luz testemuña. Significa que, aínda que o teatro estea baleiro, regresaremos. (…) Podemos estar de baixa, pero a nosa paixón, a nosa creatividade, o noso impulso segue sendo o centro do escenario. Desconectaremos estas loces testemuña en pouco tempo. Mentres tanto, aquí hai unha para que o mundo saiba que regresaremos”.

Mentras non poidamos volver a encher os teatros, que farémolo, aquí deixámosvos  unha versión da orixe do teatro con certas doses de humor. 


domingo, 22 de marzo de 2020

Hora de ler (2ª av.)


Covid-19: explicacións e repostas




Créditos das imaxes

sábado, 21 de marzo de 2020

Día da poesía

 Vivimos tempos de zozobra, de incertidume, de silencios e desesperanzas. Nada novo baixo o sol, dado que toda xeneración humana tivo o seu diluvio, plaga ou guerra. As súas criaturas fronte a Natureza, esa amorosa Nai que ás veces nos regaña e nos impón castigos, malos fillos.

  Pero nosoutros, os humanos, en todo tempo e circunstancia, por moi fortes que fosen os ventos, alumeamos lugares seguros onde agocharnos, anclaxes de proximidade, de amizade, de amor…
Podemos chegar a ser o peor e tamén o mellor do mundo, pero coa nosa creatividade somos capaces de concebir fisuras polas que se filtren a dor e o sufrimento na liña de fogo das emocións.

  Por iso pedimos ao noso alumnado máis veterano, os que tantos bos momentos nos deron nestes anos, que creasen un poema compartido, como símbolo de unión e solidariedade, versos que chegasen á xente, versos para abrir as ventas e que corra o aire, para gritar a verdade e crer no pobo.

 Se a linguaxe é “unha árbore calcinada” en palabras do gran poeta Octavio Paz, a poesía será as cinzas das que voltaremos a rexurdir. Nunca fixo tanta falta esa Arte con maiúsculas.

¡Grazas pola vosa colaboración!

domingo, 8 de marzo de 2020

Cuestión de cifras

Traballo de documentación sobre a situación das mulleres en diferentes ámbitos, feito polo alumnado de 2º de BAC para conmemorar o Día da muller.