mércores, 26 de novembro de 2014

Día contra a violencia de xénero

Os días previos foron de moita adicación: o alumnado de BAC xunto coa súa profesora de Educación Física Inmma prepararon esta performance para realizala durante o recreo do día 25 e así sorprender a toda a Comunidade educativa.
Ao final, só quedaron esos 44 pares de zapatillas que simbolizan ás mulleres mortas este ano a causa desta lacra social que parece non querer abandonarnos. 


Nós puxemos o noso grao de area para que toda a rapazada tome conciencia do que está a suceder non só aquí, senón en todo o mundo.
Grazas a todos pola vosa colaboración e rapaces tomade boa nota!


domingo, 23 de novembro de 2014

E a música...

...conectou ao alumnado, co gallo do día de Santa Cecilia. Alí, no vestíbulo coa presenza sempre do músico Xoán Montes, as rapazar es rapaces da ESO  sorprenderon a todos cos seus instrumentos preferidos e as notas musicais encheron ese inmenso espazo. Grazas ao Departamento de Música e a ese músicos/-as que fixeron as delicias de todos.

mércores, 19 de novembro de 2014

Concurso de Relatos de Terror

Por segundo ano, dende a biblioteca convocou a II Concurso de Relatos de Terror. A participación foi moito. As nosas deliberacións longas, pero xa temos gañadoras:
Sara e Eva

ENHORABOA¡
Eiquí podedes ler  os relatos gañadores e os relatos finalistas. E grazas a todos pola vosa participación.


martes, 4 de novembro de 2014

De premios

    Onte recibimos unha  nova moi agradable: o noso instituto foi premiado no Concurso de Traballos por Proxectos coordinados pola Biblioteca Escolar, polo traballo de investigación Mulleres con valor, que    o alumnado de 1º da ESO fixo o curso pasado.

A resolución deste concurso recolle  os 16 proxectos premiados de temática  moi variada.
    Parabéns  a todos os premiados e, moi especialmente, a estas rapazas e rapaces que puxeron tanto entusiasmo nel, e  a súa profesora, Anxos Vidal.
NORABOA!

domingo, 2 de novembro de 2014