sábado, 30 de abril de 2022

Día da Danza

O Instituto Nacional das Artes Escénicas e da Música ( INAEM), en colaboración co Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, celebra este 29 de abril de 2022, Día Internacional da Danza, cun programa artístico que une por primeira vez as coreografías do Ballet Nacional de España ( BNE) e da Compañía Nacional de Danza ( CND) coa mensaxe de condena ás atrocidades da guerra que simboliza o « Guernica» (1937) de Pablo Picasso.

luns, 21 de marzo de 2022

Poesía visual

 


      Cando unha imaxe vale máis que mil palabras: o escritor ucraíno Lev Shevchenko improvisou un búnker con libros nas fiestras da súa casa, en Kiev, ao inicio da guerra. Escaparate dunha tenda de confección en Lugo.

luns, 7 de marzo de 2022

As gardiás das palabras

Ao longo destes últimos anos tratamos de visibilizar a mulleres de diferentes ámbitos. Nesta ocasión queremos dedicar esta entrada ás académicas das lingua galega e española, porque se fixésemos unha enquisa pedindo que nomeen a algunha delas seguro que o resultado non ía á ser moi alentador. Como se pode ver foron e son poucas: 11 mulleres en cada Academia. As conclusións son obvias. Sirva, pois, como homenaxe a estas "gardiás das palabras".