xoves, 10 de decembro de 2015

Día dos dereitos humanos

Occidente vive nun búnker sen fiestras. Non é que non vexamos, é que non queremos ver.
Con esta certidume como arma, ao profesorado só nos queda loitar para que a verdade floreza. E así foi como se puxo en marcha o noso traballo sobre os refuxiad@s.
O alumnado de Cidadanía de 2º de ESO tivo que esforzarse para chegar ao evidente: se non tes os datos correctos, se non coñeces aos protagonistas, se non sabes de onde veñen nin a onde van, se nunca quixeches coñecer as causas que provocan esa desgracia, se pensas que nunca nos pasou a nós ou que nunca nos pasará, entón será moi fácil manipularte ata que sintas rechazo ou odio.
Hai un antes e un despois para eles tras o seu empeño. Esperamos que a verdade chegue moito máis aló.



Valados,  Muros e Campos de Refuxiados

Aquí pódense ver algúns dos muros máis coñecidos no mundo. Muros da vergonza, levantados por que?, por quen? e sobre tod, para que?
Non hai muro que poida deter a desesperación da xente.



Exiliad@s famos@s

Grandes personalidades da historia de Galicia, de España e do mundo tiveron que deixar a súa patria e fuxir para salvar a vida ou librarse do cárcere. Non son todos os que están nin están todos os que son, pero podemos coñecer algúns deles…


Premios Nobel

Que tería pasado se Einstein tivera sido rexeitado en todos os países e condeado a malvivir nun campo de refuxiados sen poden desenvolver ningunha das súas teorías que cambiaron o mundo?
Centenares de exiliad@s no século XX recibiron ese máximo recoñecemento que simboliza o Premio Nobel. Non llo impidamos aos seguintes…



Agora, podes poñerte na pel dun refuxiado/-a, premendo na imaxe

http://www.darfurisdying.com/spanish/


E tamén, convidámosche a ver este documental titulado Welcome to my country, dirixido por Fernando León de Aranoa e protagonizado pola actriz Elena Anaya. A cinta, rodada en catro campos de refuxiados de Etiopía, busca sensibilizar á poboación acerca da situación de 45 millóns de persoas desprazadas polos conflitos, as violacións de dereitos humanos e a persecución no mundo.

luns, 7 de decembro de 2015

Vai de premios

Hoxe estamos moi contentas, pois o proxecto interdisciplinar Docunautas foi premiado pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos (dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria)na modalidade de proxectos de investigación no "II Concurso para o impulso e o recoñecemento de traballos por proxectos coordinados pola biblioteca escolar".
Só nos resta dar a Noraboa a esta rapazada que tanto traballou durante o curso 2014-2015.

mércores, 25 de novembro de 2015

Día contra a Violencia de Xénero

Nesta ocasión, contamos cun grupo de alumnas de 2º de BAC para realizar este vídeo no Día internacional contra a Violencia de Xénero , baseado no poema de J. Bucay: "Quiero..." Grazas pola vosa colaboración!


Asemade, no seu día, Alba fixo esta interpretación do monólogo - La número 17- do escritor Jesús Campos:


mércores, 18 de novembro de 2015

Os nosos DOCUNAUTAS en Galiciencia

Como xa sabedes GALICIENCIA é unha feira científica que se celebra desde 2007 en Ourense, os días 18, 19 e 20. 
Pois ben, este ano os nosos Docunautas están ali para expoñer o proxecto interdisplinar que realizou, durante o curso pasado, o alumnado de 1º da ESO. Alí están dous dos seus compoñentes-  Carmen e Jorge- xunto co seu profesor de Tecnoloxía- Gerardo- e cóntannos que están encantados e marabillados do que alí acontece.


 Nós estamos encantadas e orgullosas do traballo feito e e animámosvos a seguir investigando. Noraboa, rapaces!

mércores, 4 de novembro de 2015

Resolución da Xincana de terror

Aquí tendes os gañadores:


 Con 23 acertos, Luis e Jacobo (2º ESO), con 21, Uxía e Abraham(3º ESO) e con 20, Tania e Silvia (2º/3º ESO). Desexamos que disgrutedes moitos dos "suculentos premios". Noraboa!