Por primeiro ano queremos, dende a Biblioteca, facer unha homenaxe aos lectores que frecuentan este espazo. Para isto, entregámoslles uns pequenos agasallos e un diploma aos tres mellores "leóns" do curso pasado: Leticia e Margarita de 3º da ESO e Roberto, de 1º da ESO. Enhoraboa!
sábado, 25 de outubro de 2014
venres, 24 de outubro de 2014
Día das Bibliotecas
Cada 24 de outubro celébrase en España o Día da Biblioteca, unha conmemoración que se instaurou en 1997 para lembrar a destrución da biblioteca de Saraievo, incendiada cinco anos antes durante a guerra dos Balcáns.
Nós sumámonos á celebración á nosa maneira:
Nós sumámonos á celebración á nosa maneira:
- O alumnado de 2º B da ESO amósannos como é a nosa biblioteca:
- BB, o noso avatar, explica como atopar un documento:
- A partir do relato curto, escrito por Adrián -4º A-, Alba regalounos este monólogo, non exento de humor e de certa crítica.
- E a realidade regálanos, ás veces, historias nas que as bibliotecas e os libros poden axudar a cambiar o mundo:
Este ano adícaselle ás Matemáticas este día. Eiquí tedes unha escolma dos libros que podedes atopar na biblioteca e unha selección de películas sobre este mismo tema.
Sigue el tablero Matemática mente de Asestantigas en Pinterest.E Feliz Día das Bibliotecas a todos/-as persoas que fan posible que cada día estemos ahí¡
domingo, 21 de setembro de 2014
mércores, 17 de setembro de 2014
Un novo curso
Xa estamos de volta. Estamos a piques de abrir a nosa porta, desexando xa veros ocupar este espazo baleiro, deambulando polos corredores na procura dese libro que leva meses esperando para ser lido, esperando que as actividades que vos temos preparadas vos gusten e escoitando as vosas suxestións para este curso que agora comeza, aínda que non para todos os rapaces do mesmo xeito.
domingo, 22 de xuño de 2014
Hora de ler 3
Estes son os resultados da 3ª avaliación, que foi moi corta. Lembrade que podedes levar libros para ler no verán.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

