luns, 21 de febreiro de 2022

Ti es máis...

do amor a primeira liña ou dunha cita a cegas cun...Libro? Estes foron os lemas para celebrar o Día de San Valentín, que sempre crea moita expectación entre a rapazada. Cremos que as súas expectativas foron colmadas a xulgar pola boa acollida que tivo durante toda a semana.

xoves, 23 de decembro de 2021

martes, 7 de decembro de 2021

Calendario de Advento

Esta actividade está a ter unha grande acollida entre o alumnado que frecuenta a biblio. Pequenos e non tan pequenos quixeron participar. O calendario só tiña 21 días, xusto os que faltan para que cheguen as vacacións. En cada sobre escondíase unha pregunta relativa á lectura ou os libros que tiñan que contestar para poder levar o doce agasallo.

sábado, 30 de outubro de 2021

Xincana

O día 24 de outubro se celebra o Día das Bibliotecas. Este ano o lema elexido é "Bibliotecas: leer, aprender, descubrir". Para celebralo propoñémosvos que participedes nesta xincana. 
 Tomamos como punto de partida o vinilo que decora, desde este curso, o mostrador da vosa biblioteca, obra da artista Sofía Próper. Quizais non vos fixastes nel como se merece. De aquí o noso xogo: tedes que pescudar o título do libro e o seu autor/-a de cada obra que aparece representada, é dicir, 16 títulos cos seus autores/- as. 
 A participación será individual, pero podes pedir axuda á túa familia ou amigos para descubrilos todos. Os tres primeiros participantes que desvelen todos os libros serán recompensados. Iso si, lembra mandarnos as respostas ao correo da biblio - portanona@iesxoanmontes.gal- antes de que finalice o día 1de novembro.

Aquí están as nosas flamantes gañadoras dúas alumnas de 1º de ESO. Noraboa rapazas!