martes, 7 de decembro de 2021
Calendario de Advento
Esta actividade está a ter unha grande acollida entre o alumnado que frecuenta a biblio. Pequenos e non tan pequenos quixeron participar. O calendario só tiña 21 días, xusto os que faltan para que cheguen as vacacións. En cada sobre escondíase unha pregunta relativa á lectura ou os libros que tiñan que contestar para poder levar o doce agasallo.
sábado, 30 de outubro de 2021
Xincana
O día 24 de outubro se celebra o Día das Bibliotecas. Este ano o lema elexido é "Bibliotecas: leer, aprender, descubrir". Para celebralo
propoñémosvos que participedes nesta xincana.
Tomamos como punto de partida o vinilo que decora, desde este curso, o mostrador da vosa biblioteca, obra da artista Sofía Próper. Quizais non vos fixastes nel como se merece. De aquí o noso xogo: tedes que pescudar o título do libro e o seu autor/-a de cada obra que aparece representada, é dicir, 16 títulos cos seus autores/- as.
A participación será individual, pero podes pedir axuda á túa familia ou amigos para descubrilos todos.
Os tres primeiros participantes que desvelen todos os libros serán recompensados. Iso si, lembra mandarnos as respostas ao correo da biblio - portanona@iesxoanmontes.gal- antes de que finalice o día 1de novembro.
luns, 25 de outubro de 2021
Día das bibliotecas
Como xa sabedes, todos os 24 de outubro celébrase o día das bibliotecas. A edición deste ano, baixo o lema "Bibliotecas: ver, aprender, descubrir", céntrase en destacar o papel das bibliotecas de diferente tipoloxía como espazos libres, diversos e abertos para o acceso á cultura e o coñecemento. E, como todos os cursos, aproveitamos este día para agasallar aos nosos tres mellores lectores/as do curso pasado, que descubriron, vaia se descubriron, moitos libros e moitas lecturas.
venres, 1 de outubro de 2021
Benvidos/-as¡
"Unha porta é o preludio do que espera dentro dun edificio. Unha porta é un prólogo e un comezo, o principio dun camiño ou o arranque dunha vida (...)" Umbrales, de Óscar Martínez.
Pasen e lean!
martes, 29 de xuño de 2021
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


