martes, 29 de xaneiro de 2019

Ano internacional da Tabla periódica

    O 29 de xaneiro de 2019, foi a inauguración oficial do Ano Internacional da Táboa Periódica ( IYPT2019). Tanto a ONU, como a UNESCO, desexan conmemorar o 150º aniversario da ordenación metódica, por primeira vez, dos elementos químicos, conforme ao seu número atómico (número de protones), e a certas características e singularidades dos seus átomos, realizada polo químico ruso Dimitri Mendeléjeff ( Tobolsk, 1834 - San Petersburgo, 1907), en 1869. 



   Por ese motivo ao longo deste ano, van desenvolver diversas iniciativas relacionadas con ela. Nós unímonos a esta conmemoración amosando algúns dos traballos que o noso alumando realizou durante o curso 2017/2018, no proxecto Máis que imaxes. 

   Os elementos químicos, a ciencia en xeral, fanse moito máis aprehensibles cando nos remitimos á orixe da súa nomenclatura. O alumnado sorprendeuse ao ver que etimoloxicamente a táboa periódica aludía a científicos, lugares xeográficos ou personaxes mitolóxicos.


ANTROPÓNIMOS




MITOLOXÍA


TOPONIMIA


Algúns científicos, ao pensar no nome co que bautizar aos novos elementos químicos que se ían descubrindo, foron incapaces de subtraerse á atracción da cor como o seu resgo máis distintivo. Por exemplo, se o cloro recibe ese nome é pola súa cor verde, ou o iodo, que é violeta. (Os nomes desas cores en grego).



Máis información en:

https://www.iypt2019.org/

https://en.unesco.org/commemorations/iypt2019

http://webcast.unesco.org/live/room-01/en

http://www.alonsoformula.com/ezorganikoa/tabla_periodica.htm

venres, 14 de decembro de 2018

V Concurso de traballos por proxectos

    Un novo premio súmase ás paredes da biblioteca do IES Xoán Montes e ao alumnado que esta a cursar este ano 2º da ESO.  De primeira(-s) é  a rapazada e a coordinadora - Anxos Vidal- que con tanto tesón e esforzo traballaron  para dar a coñecer a 100 mulleres - poderían ser moitas máis- que foron pioneiras en diferentes campos. Eles e nós estamos encantadas por este recoñecemento ao labor realizado durante o curso 2017/18.

NORABOA!

luns, 10 de decembro de 2018

Día dos Dereitos Humanos

   A Declaración Universal dos Dereitos Humanos é un documento que foi elaborado por representantes de todas as nacións do mundo e proclamado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas en 1948 tras o tremendo impacto que causou a Segunda Guerra Mundial.


   Os dereitos humanos son dereitos e obrigacións que teñen todos os gobernos e as persoas polo mero feito de existir. Respectalos permite que os seres humanos vivamos dignamente nunha contorna de liberdade, xustiza e paz. O dereito á vida, á liberdade de expresión e de conciencia, á educación, á vivenda, á participación política ou de acceso á información son algúns deles.


   A pesar de que os Estados e a comunidade internacional deben garantir o exercicio destes dereitos, en moitos lugares do mundo vulnéranse e por iso hai institucións que velan porque non se quebranten.