martes, 30 de decembro de 2014

FELIZ 2015

Como adoita ser habitual, a última semana do ano periódicos, revistas, televisións, blogs,... adoitan facer unha recompilación das mellores imaxes, os mellores discos, os mellores libros, os acontecementos políticos máis transcendentais, etc, etc.
A miña proposta é diferente pois aquí déixovos un vídeo no que 17 docentes explican que cambiarían do sistema educativo actual. E ti, que cambiarías?
Feliz ano!

sábado, 20 de decembro de 2014

Bo Nadal!

O equipo da  Biblioteca deséxavos unhas merecidas vacacións e  unhas felices ... lecturas.


mércores, 26 de novembro de 2014

Día contra a violencia de xénero

Os días previos foron de moita adicación: o alumnado de BAC xunto coa súa profesora de Educación Física Inmma prepararon esta performance para realizala durante o recreo do día 25 e así sorprender a toda a Comunidade educativa.
Ao final, só quedaron esos 44 pares de zapatillas que simbolizan ás mulleres mortas este ano a causa desta lacra social que parece non querer abandonarnos. 


Nós puxemos o noso grao de area para que toda a rapazada tome conciencia do que está a suceder non só aquí, senón en todo o mundo.
Grazas a todos pola vosa colaboración e rapaces tomade boa nota!


domingo, 23 de novembro de 2014

E a música...

...conectou ao alumnado, co gallo do día de Santa Cecilia. Alí, no vestíbulo coa presenza sempre do músico Xoán Montes, as rapazar es rapaces da ESO  sorprenderon a todos cos seus instrumentos preferidos e as notas musicais encheron ese inmenso espazo. Grazas ao Departamento de Música e a ese músicos/-as que fixeron as delicias de todos.