Créditos da imaxe |
luns, 31 de decembro de 2018
mércores, 26 de decembro de 2018
venres, 14 de decembro de 2018
V Concurso de traballos por proxectos
Un novo premio súmase ás paredes da biblioteca do IES Xoán Montes e ao alumnado que esta a cursar este ano 2º da ESO. De primeira(-s) é a rapazada e a coordinadora - Anxos Vidal- que con tanto tesón e esforzo traballaron para dar a coñecer a 100 mulleres - poderían ser moitas máis- que foron pioneiras en diferentes campos. Eles e nós estamos encantadas por este recoñecemento ao labor realizado durante o curso 2017/18.
NORABOA!
luns, 10 de decembro de 2018
Día dos Dereitos Humanos
A Declaración Universal dos Dereitos Humanos é un documento que foi elaborado por representantes de todas as nacións do mundo e proclamado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas en 1948 tras o tremendo impacto que causou a Segunda Guerra Mundial.
Os dereitos humanos son dereitos e obrigacións que teñen todos os gobernos e as persoas polo mero feito de existir. Respectalos permite que os seres humanos vivamos dignamente nunha contorna de liberdade, xustiza e paz. O dereito á vida, á liberdade de expresión e de conciencia, á educación, á vivenda, á participación política ou de acceso á información son algúns deles.
A pesar de que os Estados e a comunidade internacional deben garantir o exercicio destes dereitos, en moitos lugares do mundo vulnéranse e por iso hai institucións que velan porque non se quebranten.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)