sábado, 5 de marzo de 2016

Bocas seladas



 Outro ano máis chegamos ao 8 de Marzo e disque é o Día da Muller. O resto do ano, que foi do 51% da poboación mundial?
O silencio, amigas, este é o inimigo, que non se nos vexa (canto menos chames a atención, mellor), que non saiba ninguén o que pasa na túa casa (de portas para fóra, que non saia), que non se fale de nosoutras (nin na política, nin nas leis, nin nos medios de comunicación, nin nos libros…), que non se nos oia sinalando, clamando, reclamando.
Xa non é tempo de silencio, senón de revelación. Falade, rapazas, disertade, exhortade, demandade, e que se escoite tamén a aquelas que antes de nosoutras foron, que ocupen un lugar predominante, arriba e a dereita, a onde van de xeito natural os ollos. Mulleres de todas partes, de todos os saberes, de todos os oficios, de todas as loitas… 


Que non nos selen os labios!

Este foi o lema, con dobre sentido, escollido para que o alumnado de 2º ESO na materia de Cidadanía, investigara e visibilizara a algunhas desas mulleres que aparecen nos selos de correos e que ninguén parece ver nin coñecer. Non están todas as que son, mais ...